O PORRIÑO
A IV Challenge Rías Baixas de ciclismo presentouse no CEIP Fernández López
A cuarta edición da “Challenge Rías Baixas” de ciclismo que organiza o club “Master da Louriña” co apoio da Concellería de Deportes do Concello do Porriño, prresentouse este mediodía nas instalacións do CEIP “Fernández López” co alumnado como espectadores de luxo, o tempo de lecer.
A diferencia de anos anteriores, o club e o concelleiro de Deportes, David Alonso decidiron sacar o acto fora da casa consistorial e á vista da resposta dos rapaces e a súa implicación, “foi todo un acerto” segundo valorou David Alonso.
Xunto con Juanjo Alvarez Cerdeira e David Alonso, protagonizaron a presentación da proba Begoña Toucedo, concelleira de Deportes de Mos e Miguel Bouza, edil de Mocedade de Ponteareas.
A Challenge consta de tres etapas que se disputarán entre o sábado 29 de febreiro e o domingo 1 de marzo. A primeira etapa será unha contrareloxo individual de 8 kilómetros no parque de Avisoureira, en Guláns (Ponteareas). A segunda etapa será unha etapa en liña de 81 kilómetros, ó longo do concello de Mos. E a terceira e última etapa, “Gran Premio do Porriño” consistirá noutra etapa en liña, de preto de 78 kilómetros.
A Challenge Rias Baixas 2020 terá 192 participantes. Está reservada para corredores Master 30, Master 40, Master 50 e Master 60, así como para Féminas Master. Tamén hai unha categoría junior para a que se reservaron 30 prazas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170