Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 03 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Charlas no Rosal para que a reciclaxe non soe a chino

Percorrerá os diferentes barrios do concello durante o mes de marzo

O Concello do Rosal porá en marcha este mes o ciclo de charlas ‘Li-xo, que non che soe a chino’, unha serie de encontros por diferentes barrios do municipio para explicar á veciñanza como funciona a xestión do lixo que se produce nas casas e resolver calquera tipo de dúbida sobre a reciclaxe.  “Queremos compartir coa veciñanza o noso interese e compromiso na xestión sustentable do lixo no Concello, unha cuestión moi importante dado que a xestión do lixo supón o 10% do gasto municipal”, aseguran dende o departamento de Medio Ambiente.


Serán en total once charlas abertas a todos os públicos que comezarán o vindeiro martes 3 de marzo e rematarán o 2 de abril. O calendario será o seguinte:

 

  • Martes 3 de marzo (11.00 h). Centro Social de Eiras.
  • Xoves 5 de marzo (11.00 h). Escola do Maio (Tabagón).
  • Xoves 5 de marzo (19.00 h). Sociedade de Veciños de San Miguel.
  • Martes 10 de marzo (11.00 h). Escola de Marzán.
  • Xoves 12 de marzo (17.00 h). Escola de Novás.
  • Martes 17 de marzo (11.00 h). Escola de San Xián.
  • Martes 24 de marzo (11.00 e 17.00 h). Biblioteca Municipal (Calvario).
  • Xoves 26 de marzo (17.00 h). Asociación de Veciños Río Folón (Fornelos).
  • Martes 31 de marzo (20.00 h). Bar San Martiño (Martín).
  • Xoves 2 de abril (19.00 h). Escola de Pías.

 

Estes horarios poden estar suxeitos a modificacións. No caso de que algún deles cambie, o novo horario comunicarase á veciñanza coa suficiente antelación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.