VIGO
O Salón do Automóbil e a Motocicleta en Vigo do 4 ao 6 de marzo
A XXIX edición da feira incorpora neste 2020 a motocicleta nunha superficie expositiva de 22.000 metros cadrados coa presenza de 66 marcas, entre elas Tesla, que participa por primeira vez con varios modelos
Abel Caballero participou na presentación do XXIX Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo que se celebra no Ifevi entre o 4 e o 8 de marzo poñendo en valor a cita como “unha marca de identidade de Vigo, unha forma de entendela” polo que felicitou á organización e animou á cidadanía a visitar a mostra e gozar do ambiente que se xera alí.
José Enrique Elvira, director do Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo destacou que a cita se configura xa como “un gran centro de compras, cunha grande concentración de marcas” e detallou que haberá 700 unidades expositivas con 66 marcas, entre elas Tesla, o maior fabricante mundial de coches eléctricos que acode a Vigo por primera vez con varios modelos da súa gama. Ademais, haberá boxes de probas, sorteo dunha viaxe a Italia con visita aos museos de Ferrari, Lamborghini e Ducati, campionatos de slot e o Día da Moto, que será o domingo 8 de marzo.
Na presentación participaron tamén José Manuel Fernández Alvariño, presidente executivo do Salón do Automóbil de Vigo e Walter Álvarez, director territorial de Abanca Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217