Lunes, 09 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 28 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP reclama ao goberno central a débeda pendente con Galicia

"O PSOE e MS demostraron no pleno municipal do pasado xoves que primeiro defenden as súas siglas políticas, e despois ós veciños de Salceda" explican os populares.

"O pasado xoves vivimos un suceso esperpéntico no pleno municipal", pois o grupo municipal do Partido Popular presentou unha moción p"ara instar ao Goberno Central a aboar a débeda pendente a Galicia e, por ende, tamén ós veciños de Salceda". Ante isto, “para a nosa sorpresa, atopámonos co voto en contra do PSOE e Movemento Salceda, é dicir, que votaron en contra de que os salcedenses e os galegos se lle devolvan os cartos que lle pertencen polo pago do IVE, cartos de todos os galegos, que o Goberno xa recadou, que o Goberno Central ten no seu poder e nega a transferirnos” afirmou Santi Davila.

 

"Durante a campaña electoral do pasado mes de novembro a ministra socialista afirmou que eses cartos serían trasferidos ó Goberno galego, unha vez pasada a campaña as promesas quedan en papel mollado e a realidade é que non nos queren trasferir o total dos 370 millóns de euros (200 millóns do IVE de 2017 e os 170 que lle corresponden a Galicia polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018") e, “unha vez máis, os socialistas de Salceda prefiren defender as súas siglas políticas e o seu xefe de Madrid, que defender os veciños de Salceda, unha vergonza. Despois son os primeiros en poñerse detrás dunha pancarta, pero agora se negan a solicitar ós fondos que nos pertencen a todos os salcedenses polo IVE de 2017 pola compra de pan, por mercar nos supermecados, nas ferreterías ou mesmo nas tendas de roupa de Salceda” sentenciou o voceiro Davila.

 

"Existe un problema global, o do IVE, que é común para todas as Comunidades Autónomas, deputacións provinciais e entidades locais, e que demanda unha solución común. O impacto econónomico desta decisión do Goberno Central afecta directamente ao financiamento económico, pero tamén a unha perda de recursos para os veciños do noso Concello, polo que o noso grupo non permanece alleo a esta reinvidicación nós seguiremos defendendo os veciños de Salceda por riba de todo. Varios presidentes autonómicos e alcaldes socialistas sumáronse a esta reivindicación, como é o normal, sin embargo, PSOE e MS demostran, unha vez máis, a súa incongruencia como políticos, defendendo primeiro o seu partido, e deixando a un lado o interese de todos os galegos e salcedenses, e así o mostraron co seu voto en contra para instar ao Goberno Central a aboar a súa débeda pendente con todos nós, cos galegos e con Galicia, pero logo serán os primeiros en solicitar diferentes servizos e infraestructuras para Salceda, pero non son quenes de reclamar os 370 millóns de euros que nos pertencen” sentenciou o voceiro do PP de Salceda.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.