Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 02 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación aproba os contratos para a reposición de firmes en viarios provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde a diversas actuacións co fin de mellorar a seguranza viaria e a accesibilidade na rede de estradas provincial, a fin, como dixo a presidenta Carmela Silva, de seguir avanzando “nun modelo de mobilidade propio do século XXI”. Neste senso, as melloras aprobadas suman un investimento de 1,3 millóns de euros.

 

Silva subliñou que con estas actuacións, a Administración provincial “segue a investir na provincia e a cambiar o noso territorio” e recalcou que o modelo de infraestruturas da Deputación “non é só para a provincia de Pontevedra, para Galicia ou para España, senón tamén a nivel internacional, onde o poñen como exemplo”. “Algo que quedou claro cando participamos no congreso mundial de Lima onde non había ningunha Administración provincial, agás a de Pontevedra, lembrou. Polo tanto, achegamos recursos para traballar no territorio e para ter unhas estradas do século XXI . E sen mirar a cor política dos concellos. Cousa que non está a acontecer con outras Administracións, que toman decisións dependendo de quen goberne en cada concello, como temos visto nestes últimos días”.

 

Carmela Silva destacou que as obras vanse desenvolver sobre estradas provinciais dos concellos de Agolada, Rodeiro e Ponte Caldelas, cun investimento previsto de 794.069,58 euros e, por outra, a Deputación aprobou o expediente de contratación para a adxudicación dun Acordo Marco para a subministración de materiais e maquinaria na rede viaria provincial, cun orzamento superior aos 461.000 euros.

 

Máis polo miúdo, a presidenta da institución provincial explicou que se adxudicaron os contratos para as obras de reposición de firmes na EP 6302 Berredo-Brántega (cun orzamento de máis de 345.000 euros e un prazo de execución de catro meses), en Agolada, e na EP 6204 Portela-Antas de Ulla (preto de 222.000 euros), en Rodeiro. Finalmente, aprobouse o expediente de contratación para a construción da senda peonil na EP 0206 en Parada,  no concello de Ponte Caldelas, por máis de 226.0oo euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.