Redondela
A Xunta conclúe a redacción do proxecto de reforma da avenida de Mendiño, en Redondela
A Axencia Galega de Infraestruturas formalizou a aprobación do proxecto construtivo, que supón un investimento de 1,6 millóns de euros e ten un prazo de execución de 12 meses
A Xunta de Galicia concluíu a redacción do proxecto da reforma e mellora da seguridade viaria da Avenida de Mendiño no concello de Redondela. A actuación recolle as actuacións necesarias para mellorar a seguridade viaria e humanizar o treito da estrada autonómica PO-363 ao seu paso polo centro deste municipio.
A Axencia Galega de Infraestruturas formalizou a aprobación do proxecto construtivo o pasado mes de novembro, que supón un investimento de 1,6 millóns de euros e ten un prazo de execución de 12 meses.
O impulso desta actuación responde a unha demanda do Concello de Redondela, que se comprometeu a cofinanciar as obras dado o importante peso da renovación de servizos de titularidade municipal que se inclúen no proxecto, como o abastecemento, o saneamento ou a alumeado, cun custo duns 600.000 euros. Esta fórmula de colaboración xa se utilizou para impulsar a primeira fase da humanización da PO-323 executada pola Xunta de Galicia en Chapela.
Trátase dunha actuación de seguridade viaria e renovación urbana que optimizará a circulación por esta vila e o acceso a múltiples servizos públicos que se atopan na contorna.
A actuación abarca dende o cruce coa estrada nacional, no centro de Redondela, ata o peirao de Cesantes, sumando unha lonxitude de máis dun quilómetro.
O primeiro treito, ata o centro de saúde, concentra a renovación máis intensa, xa que se ampliarán as beirarrúas con acabados en granito, se sobreelevarán os pasos de peóns, así como as canalizacións do abastecemento e saneamento.
Neste tramo tamén se reordenarán os cruces e se habilitarán os cambios de sentido necesarios no centro de saúde e centros educativos.
No intervalo ata o peirao estenderase unha nova capa de rodadura, melloraranse as interseccións e colocarase nova sinalización horizontal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149