Provincia de Pontevedra
Medio millón de euros en axudas básicas de emerxencia social
Carmela Silva: “Son axudas fundamentais e básicas para garantir unha sociedade máis xusta”
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno as bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia para os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes para o ano 2020, que teñen un orzamento de 465.000 euros, dos que 365.000 euros serán para axudas ao gasto corrente e, os 100.000 euros restantes, para investimento. “Son axudas fundamentais e básicas para garantir unha sociedade máis xusta”, enxalzou a presidenta, Carmela Silva.
“Esta liña de subvencións permite que os concellos poidan prestar servizos ás persoas que están en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a persoas con menores ao seu cargo”, continuou a presidenta da Deputación. Ademais, como novidade, Carmela Silva tamén destacou que este ano “contamos cun novo tipo de axuda para atencións de carácter complementario, destinadas ao pagamento de servizos de carácter complementario para persoas con algunha diversidade funcional ou dependencia que non poidan facerlle fronte ao gasto por si mesmas”. Xunto a esta nova cobertura que vén reforzar a aposta da Deputación pola atención ás persoas que máis o necesitan, as axudas básicas de emerxencia tamén ocúpanse dos custes de alimentación, uso da vivenda, pagamento de recibos, pago de produtos de hixiene e limpeza, pagamento de produtos farmacéuticos, adquisición de electrodomésticos básicos, desprazamentos, pago de lentes e audífonos ou de tratamentos de odontoloxía, produtos de apoio e axudas de apoio á infancia.
Co acordo adoptado, a Deputación volve poñer recursos a disposición dos Servizos Sociais comunitarios municipais dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes e que as veciñas e veciños poden solicitar nos seus concellos. Neste eido, establécese unha contía por cada concello de entre 7.000 e 10.900 euros, en función da poboación do concello e da porcentaxe de desemprego con respecto ao total da poboación. O prazo para a presentación de solicitudes por parte dos concellos será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación das bases no BOPPO e deberá facerse a través da sede electrónica da Deputación.
No ano 2018 estas axudas deron cobertura a 1.851 familias da provincia, das que 1.408 tiñan menores ao seu cargo e 1.036 tiñan a ambos proxenitores en situación de desemprego. Ademais, 336 das beneficiarias eran familias monoparentais, 388 eran usuarias do Servizo de Educación e Apoio Familiar, e 53 usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Así mesmo, 68 persoas eran vítimas de violencia de xénero, 324 tiñan diversidade funcional ou grao de dependencia recoñecido, e 272 eran persoas maiores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129