Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 03 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Cinco galardóns para os integrantes da Asociación Deportiva Avanza do Porriño

Cinco ciclistas da asociación Deportiva Avanza do Porriño foron galardoados na Gala do Ciclismo Galego celebrada o pasado día 29 de febreiro no teatro principal de Pontevedra. Ata a cidade de Pontevedra desprazáronse cinco integrantes da A.D. Avanza do Porriño onde a Federación Galega de Ciclismo lles recoñecía o gran traballo levado a cabo na tempada 2019 na cal Xoel Montes, Senén Bastos, Uxía Soto, André Martínez e Borja Fernández, corredores que estiveron presentes tanto nos eventos autonómicos como nacionais.

 

Xoel Montes galardoado como líder Junior do Ranking FCG 2019 na modalidade de BTT-XCO, Senén Bastos galardoado como líder Junior do Ranking FCG 2019 na modalidade de BTT-DHI, Borja Fernández corredor de recente incorporación as filas da A.D. Avanza galardoado como líder Cadete do Ranking FCG 2019 na modalidade de BTT-DHI, André Martínez galardoado como líder cadete do Ranking FCG 2019 na modalidade de Ciclocrós e Uxía Soto galardoada polo subcampioa de España  Cadete no campionato de España Ciclocrós, Campeona Galega  2019 de Ciclocrós categoría cadete e segunda no Ranking FCG 2019 ciclocrós.

 

Tamén o tudense David Fernández  foi galardoado na gala do deporte Tudense celebrada o pasado día 28 de febreiro, o concello de Tui fíxolle entrega o PREMIO DEPORTISTA PROMESA MASCULINO.

 

A recente elixida xunta directiva da asociación amosa a súa ledicia polos seus alumnos que recollen os froitos da súa "constancia, respecto e amor por este fermoso e duro deporte". 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.