GALICIA
O compromiso do Corredor Atlántico de Mercadorías
Ethel Vázquez lembra a alianza de éxito formada polas forzas políticas, económicas e sociais de Galicia, Castela e León e Asturias, que conseguiu o respaldo da UE para a incorporación do Noroeste ao Corredor Atlántico
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, demandou onte un compromiso firme por potenciar a competitividade do Noroeste peninsular a través da oportunidade que representa a súa incorporación ao Corredor Atlántico de Mercadorías para optar a fondos comunitarios cos que modernizar a liña ferroviaria.
Así o trasladou a conselleira durante a súa participación onte en Vigo no xantar coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia co presidente da Plataforma Atlántico Noroeste e presidente da Federación Galega de Empresarios, Luis Javier Cepedano, que foi presentado polo presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros.
Ethel Vázquez lembrou que Galicia, Castela e León e o Principado de Asturias formaron unha alianza de éxito a través das súas forzas políticas, económicas e sociais, que logrou que se corrixise o erro histórico de deixar o Noroeste peninsular fóra do Corredor Atlántico de Mercadorías.
Esa posición conxunta obtivo o respaldo da Unión Europea e abriu a posibilidade de optar a fondos europeos para a modernización da liña ferroviaria de mercadorías e reforzar as conexións dos principais centros loxísticos, como os portos.
A conselleira lamentou que se deixara pasar xa desde a Administración central do Estado a primeira oportunidade de solicitar fondos europeos para impulsar proxectos estratéxicos para a competitividade do Noroeste, como a saída sur de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191