VIGO
Verdegaia: "a agresividade da condución en Vigo dana aos transportes máis sostibles"
Os recentes atropelos rexistrados en pasos de peóns "poñen de manifesto a agresividade e o incumprimento de normas cos que aínda moitos vehículos circulan polas rúas de Vigo", segundo explican dende Verdegaia.
"Os medios de transporte máis sostibles como a bicicleta ou o camiñar son os medios máis vulnerábeis en caso de accidente polo que é primordial establecer medidas que garantan a súa seguridade e así promover o seu uso" explican dende a organización ecoloxista engadindo que "do mesmo modo que se constata un maior civismo en aspectos como a circulación polas rotondas, un uso máis racional do claxon ou un maior respecto da distancia de seguridade nos adiantamentos a bicicletas, hai outros aspectos que teñen vido a empeorar e en ocasións con consecuencias tráxicas".
Para Verdegaia calquera persoa que se desprace por Vigo "constata a diario:como non se respectan os límites de velocidade, incluso nas Zona 30 é habitual que se circule a máis de 50km/h; como un número moi significativo de motos xera unha contaminación acústica insoportable e como os medios de transporte máis maniobrabeis como patinetes, motos e incluso algunhas bicicletas asumiron que poden incumprir as normas básicas de circulación, transmitindo frecuentemente a sensación de ‘aparecer do nada’".
Estas condutas xeran unha sensación de inseguridade na que persoas que circulan a pé ou en bici son claramente as máis prexudicadas.
En calquera sociedade sempre existiron e seguramente sempre existirán individuos que antepoñen o seu benestar ao benestar común, pero, segundo Verdegaia "é inadmisible que as autoridades competentes non tomen medidas para frear esa lacra. Campañas de concienciación acompañadas de controis rigorosos axudarían e moito a erradicar determinadas condutas nas rúas da nosa cidade".
O último suceso tráxico ocorreu a pasada fin de semana na Travesía de Vigo, unha rúa que o informe Verdegaia de 2012 foi sinalada como un dos principais puntos negros na seguridade viaria da cidade e que desde entón xa foi escenario de diversos atropelos mortais por motos de grande cilindrada.
![[Img #60972]](https://xornal21.com/upload/images/03_2020/2720_infografia-vulnerabilidade-dos-medios-de-transporte-mais-sustentabeis.jpg)
Sen entrar no debate de se o semáforo estaba verde para o peón ou para a moto, como se observa na infografía adxunta son varios os estudios que indican como nun atropelo a 30km/h a probabilidade de feridas mortais para o peón é de 10%, a 50 km/h esa probabilidade aumenta para 80% e para velocidades a partir de 60km/h a probabilidade é de practicamente o 100%.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217