GALICIA
A Xunta urxe ao alcalde de Vigo a que ceda a parcela para a nova biblioteca do estado
Recorda que existe un compromiso entre a Administración central e a autonómica desde agosto do ano pasado para levar adiante esta infraestrutura, pola que a cidade espera desde fai unha década, nos terreos municipais da rúa Lalín
A Xunta de Galicia urxe ao alcalde de Vigo a que ceda a parcela para construír a nova Biblioteca Pública de Estado e se deixe de facer “tournés”, tras ter coñecemento de que o munícipe socialista viaxa mañá a Madrid para reunirse co ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes.
Neste sentido, o Goberno galego recorda que a localización desta infraestrutura, pola que a cidade leva décadas esperando, está pechada e existe un compromiso entre a Administración central e autonómica para levala adiante desde o pasado mes de agosto; cando a Xunta deu por válida a proposta do Concello de levantar un novo inmoble nos terreos municipais da rúa Lalín.
Asemade, compre sinalar que xa o pasado mes de setembro, nunha reunión celebrada en Madrid entre o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, coa entón directora xeral do Libro e do Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte, Olvido García Valdés, a Xunta acadou a garantía para que a futura Biblioteca de Vigo sexa unha das mellores de Galicia.
Por tanto, Xunta e Goberno central ata o de agora cumpriron coa súa parte e unicamente resta que o Concello ceda o solar de titularidade municipal para iniciar as obras. Da construción do novo edificio se encargará o Ministerio de Cultura e, unha vez rematado, a xestión e o mantemento do inmoble será asumido pola Xunta de Galicia que fará un importante esforzo económico e de recursos co obxectivo de conseguir que esta nova edificación se converta nun referente na Comunidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191