PROVINCIA
Roda o balón da Copa Deputación de fútbol en categoría feminina
A sexta edición da Copa Deputación en categoría feminina xa está en marcha, con dezasete equipos da provincia que pelexarán por levantar un título que defende o club vigués C.D. Valladares.
Na zona de Pontevedra o cadro emparellou ao Arcadia E.F. co Umia C.F., que na previa derrotou 6-1 ao Marin C.F, e ao Atlético Arousana co Viajes Interrías. Tamén na previa, o equipo de Vilagarcía venceu 16-1 ao C.D. Bamio e o equipo de Sanxenxo 12-0 ao S.D. Noalla.
En canto á zona de Vigo son 10 os equipos que loitarán por chegar ata a final. Na primeira ronda o EDVM Pereiro xogará ante o Balaidos C.F., o C.D. Valladares contra o gañador do Sárdoma C.F. - S.P.C. San Mateo; o Vilariño ante o Gondomar, e o Atlético Matamá fronte o gañador do Tomiño F.C. - C.P. Alertanavia.
O formato de competición será o mesmo das últimas edicións, xogándose todas as eliminatorias a único partido que disputarase no campo do equipo de menor categoría e resolvéndose os empates cunha tenda de penaltis. A final xogarase a finais de maio nunha sede aínda por determinar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191