GALICIA
Para UGT-Galicia as melloras do emprego están "baseadas na precariedade"
Ás portas do 8M, o Sindicato denuncia que, do total do desemprego, o 57% é feminino
Os datos do desemprego feitos públicos hoxe, aínda que reflicten unha baixada do paro tanto a nivel estatal como en Galicia, evidencian que as melloras do emprego baseadas na precariedade non son melloras porque persiste a rotación na contratación, a temporalidade e o paro de longa duración.
Os datos feitos públicos hoxe indican que o descenso do paro no mes en Galicia é de 1.526 persoas, unha contracción do 0,9%. Sen embargo, UGT-Galicia advirte que, en relación a hai un ano, a baixada foi do 4,31%, o que evidencia unha ralentización na contracción do desemprego en termos anuais, a máis baixa dende o ano 2014.
Por sexos, de novo, rexístrase unha mellor evolución do desemprego no caso masculino, cun descenso do 1,31%, fronte ao 0,61% no caso das mulleres. Hai 71.438 homes en situación de desemprego en Galicia e 94.791 mulleres. Do total do desemprego, o 57% é feminino. As melloras do mercado laboral trasládanse de xeito máis directo aos homes.
Entre os máis mozos, menores de 25 anos, o desemprego, contrariamente ao que sucede no resto da poboación, aumentou nun 0,2%.
Por sectores, rexístrase unha contracción en todos, salvo no colectivo de sen emprego anterior, onde o paro medra nun 0,75%. A baixada do desemprego foi do 2,14% no sector primario, do 1,68% na construción, do 1,03% no sector servizos e do 0,36% na industria. No ano tamén dáse unha caída en todos os sectores de actividade.
Por provincias, no mes cae o paro en todas, con porcentaxes próximas ao 1% na Coruña, Lugo e Pontevedra e no 0,57% en Lugo.
Urxe reverter a reforma laboral, unha política económica expansiva e reformar as políticas activas de emprego
O número de contratos rexistrados no mes de febreiro foi de 72.432, dándose unha significativa contracción tanto na contratación indefinida como na temporal, do 10,6% e do 16,2%, respectivamente. Unha vez máis reflíctese a estacionalidade que empaña o mercado laboral galego. Febreiro resulta ser un mes de transición entre o Nadal e o comezo das contratacións dos meses de marzo e abril, coincidentes coa Semana Santa.
UGT-Galicia denuncia a precariedade que asolaga ao mercado laboral galego no que a contratación indefinida é de tan só o 10,57%.
Precariedade que se traslada tamén ao desemprego con tan só 99.177 persoas beneficiarias de prestación por desemprego en xaneiro de 2020, cunha taxa de cobertura do 64,2%, fronte ao 66,1% estatal. Ademais, trátase dunha cobertura maioritariamente asistencial. Do total, tan só 48.432 persoas perciben unha prestación contributiva, o 48,8% do total.
En canto ás afiliacións á Seguridade Social, en febreiro estas foron de 1.012.354 persoas, aumentando nun 0,58% en relación ao mes anterior e nun 1,51% en relación a hai un ano.
Por todo isto, UGT-Galicia considera que reducir o paro debe ser o principal obxectivo de toda a sociedade, o que require dunha política económica expansiva e unha reforma das políticas activas de emprego para que cumpran con máis efectividade co seu fin. Tamén sería moi positiva a pronta aprobación duns Orzamentos Xerais do Estado que servisen a estes propósitos.
O Sindicato advirte que, ademais de pola creación de emprego, hai que traballar pola mellora da súa calidade porque unha parte moi significativa do que se crea e do existente se caracteriza pola súa baixa calidade e precariedade. E gran parte da situación actual está asociada á reforma laboral que aprobou o Goberno do PP no ano 2012 e que desequilibrou o sistema de relacións laborais a favor das empresas, facendo fácil o camiño do emprego inestable. Por elo, UGT participa neste momento na mesa de diálogo social encargada de reverter esta reforma.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191