GALICIA
FeSP-UGT reivindica actuacións dos bombeiros forestais nas emerxencia do rural
O Sindicato denuncia que, tras as alertas a causa das borrascas “Jorge” e “Karine”, non se activou aos bombeiros forestais coa importante tarefa que poden desenvolver de apoio nas continxencias no medio rural
UGT denuncia que despois de estar en alerta laranxa e amarela en diferentes zonas da nosa Comunidade Autónoma, debido ás borrascas “Jorge” e “Karine”, en ningún momento se activou aos bombeiros forestais da Administración Autonómica para desenrolar a súa labor de apoio nas continxencias no medio rural, tal e como marca a norma que regula a súa cualificación profesional: “Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio ás continxencias no medio natural e rural (SEA595_2)”.
UGT, atendendo á evidencia de que dentro da norma reguladora da súa categoría profesional englóbanse determinadas tarefas que inclúen o traballo da retirada de árbores e ramas tiradas polo temporal e demais emerxencias parellas a estas situacións de perigo, consideramos que é obriga da Consellería coordinar a colaboración e implicación dos seus medios propios en ditas continxencias.
UGT considera que nestas situacións deberíase activar o Servizo do SPIF automaticamente a través do 112. A colaboración dos distintos servizos públicos nas áreas rurais é fundamental, atendendo ao espallamento xeográfico dos núcleos rurais no noso país. Entendemos que a prestación de servizos coordinada nas distintas situacións de emerxencia que se poidan producir, incluíndo a colaboración na busca de persoas desaparecidas, por exemplo, beneficiaría ao conxunto da cidadanía galega e permitiría afrontar con máis e mellores medios persoais e materiais as incidencias producidas por todo tipo de fenómenos meteorolóxicos e distintas circunstancias que poidan suceder.
Medio Rural debería deixar de malgastar o diñeiro público na externalización de servizos cando conta con medios propios inutilizados en certas situacións de emerxencia
A Consellería do Medio Rural debería deixar de malgastar os cartos dos contribuíntes na externalización de servizos e utilizar os medios propios como corresponde, con eficacia e eficiencia, isto redundaría en aforro de custes e en dotar dun servizo polivalente á poboación galega.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129