GALICIA
Axudas para o funcionamento das agrupacións de Protección Civil
Esta orde subvenciona gastos correntes e de funcionamento
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria de axudas para colaborar no financiamento dos gastos correntes das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) e así manter o seu funcionamento.
A orde, dotada con 340.000 euros, inclúe subvencións que poderán ser destinadas a equipamento e vestimenta, gastos ocasionados durante as actuacións, pagamento de seguros, gastos de formación ou material informático.
Entre os criterios que se terán en conta á hora de conceder as axudas están o número de mobilizacións das agrupacións, a prestación mancomunada do servizo, a cifra de poboación e extensión do territorio á que prestan atención ou a antigüidade das AVPC. As solicitudes poderán presentarse durante un mes, a partir de mañá.
A Xunta tamén colabora coas agrupacións a través da dotación de equipamento e ofertando formación
Ademais desta convocatoria, a Xunta tamén colabora coas agrupacións de voluntario coa dotación de equipamento de atención ás emerxencias. Tamén, a través da Academia Galega de Seguridade Pública, oferta cursos para actualizar os coñecementos do persoal das AVPC.
As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil son un piar básico das emerxencias en Galicia, que contribúen a reforzar os servizos profesionais co seu labor altruísta e melloran así a atención á cidadanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191