Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Viernes, 06 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP acusa ao goberno de "adoutrinar aos escolares"

O PP considera "acertada a decisión de incluír máis lectura de galego nas aulas pero non baixo a lectura dun diario partidista, fortemente vinculado ao BNG" e asegura que "o goberno de Ponteareas gasta máis de 3.000 euros na subscrición ao diario"

O PP denunciou no pleno "o intento do alcalde, Xosé Represas, de adoutrinar aos escolares de Ponteareas baixo a lectura do Diario de liña nacionalista e independentista 'Sermos Galiza' ”.


Os populares, a través da súa edil Silvia F. Táboas, denunciaron "o gasto público de máis de 3.000 euros que vai custar a subscrición a este diario e cuestionan o argumento utilizado polo goberno local para adquirir este xornal".

 

 

 

 

“Poden comprar libros de literatura en Galego. Non gastar os cartos nun diario que o único que fai é criticar a outras opcións políticas que non comulgan coa súa liña nacionalista e independentista. Isto chámase adoutrinar e lembra á política ditatorial doutros tempos”

 

 

 

 

“Din que é pola necesidade de ‘presenza literaria do galego nos centros de ensino’. Ocórrensenos moitísimas opcións de introducir literatura en galego sen que sexa cun diario que fai apoloxía política. Se o alcalde descoñece autores ou obras literarias en galego podemos recomendarlle uns cuantos libros que podería comprar e ler”, informan desde o Partido Popular.

 

O PP considera "moi grave que se tente adoutrinar como noutros tempos, utilizando unha política rancia de querer priorizar un idioma sobre outro. Lembra aos tempos ditatoriais nos que se emitía o NODO”, lamenta o PP.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.