LIBROS
Alfredo Conde presentou a súa última novela, Homes de Ferro
O autor narra a viaxe con tráxico final emprendida no ano 2014 por catro amigos irlandeses que decidían construír un bote co que emprender o Camiño por mar dende Dublín ata Compostela
Alfredo Conde presentaba a semana pasada no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a súa última novela, Homes de Ferro, publicada por Ézaro Ediciones e que ten como referencia a aventura vivida por catro amigos irlandeses ao bordo do Naomh Gobnait, o bote recontruído a iniciativa de Buxa, a Asociación Galega do Patrimonio Industrial, xa convertido no emblema do Camiño por mar. A presentación contou coa participación do alcalde de Ames, José Manuel Miñones; a concelleira de Cultura, Natividade González; e o profesor e tradutor, Xosé Antonio López. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
Homes de Ferro relata a viaxe emprendida no ano 2014 por un grupo de amigos irlandeses que decidían contruír un bote no que emprender o Camiño Xacobeo a remo dende Dublín ata Santiago de Compostela. Unha travesía que suporía un percorrido de 2.500 quilómetros por mar, que fixeron de forma espaciada ao longo de tres anos. O autor, Alfredo Conde quere deixar claro que “pese a que os nomes que aparecen en Homes de ferro son reais e corresponden a seres reais, non se trata dunha crónica xornalística e non pretende suplir literariamente a un documental”.
Para Alfredo Conde “trátase dunha novela construída a partir dunha realidade na que a maioría dos feitos son certos pero non o que pensa cada unha das personaxes que xa é a expresion da miña liberdade como novelista á hora de imaxinar os seus pensamentos e reacción”.
O libro, publicado por Ézaro Ediciones, forma parte do proxecto cultural deseñado por Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, en torno á reconstrución do bote peregrino, xa convertido no emblema do Camiño por mar
Ademáis da edición en galego, Homes de ferro editarase tamén ao inglés e xa está dispoñible nas librarías en castelán.
Unha viaxe en bote dende Dublín ata Santiago de Compostela
No ano 2014 catro amigos irlandeses deciden construír un bote co que emprender o Camiño Xacobeo a remo dende Dublín a Santiago de Compostela. A viaxe compoñíase de 2.500 quilómetros por mar, desembarque no porto da Coruña e, dende alí, continuar a peregrinación por terra ata Santiago. Faríase de forma espaciada en tres anos, a razón de seis semanas de navegación por ano.
A construción do currach ou naomhóg –así se denomina a embarcación– non foi doada. Despois de traballar nela durante varios meses, os catro remeiros puideron comezar as probas de navegación e os seus propios adestramentos para a travesía. En medio dunha grande expectación mediática, a aventura concluía con éxito en 2016 cando Danny Sheehy, impulsor do proxecto, tivo a honra de ler a invocación ao Apóstolo Santiago en irlandés na Catedral de Santiago. Cumpríanse 800 anos da primeira peregrinación irlandesa. Un ano máis tarde, os catro amigos decidían facer unha ruta pola costa galega que acabou cun fatídico accidente en Caminha levándose por diante a vida de Danny e a embarcación
Grazas á iniciativa posta en marcha por Buxa, a Asociación Galega de Patrimonio Industrial, o bote foi reconstruído polos propios remeiros participantes na aventura no marco da exposición Camiño por Mar convertíndose en emblema do Camiño de Santiago por mar e epicentro dunha serie de actividades que rememoran a tradición do camiño por mar, a navegación así como as históricas relacións galaico-irlandesas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141