PONTEAREAS
Catro novos axentes de policía inician o periodo de formación en Ponteareas
O goberno local asegura que convocará outras tres prazas durante o ano 2020
O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, deron esta semana a benvida aos catro novos axentes de policía que superaron o procedemento de selección e escolleron Ponteareas como destino. Os axentes incorporaranse ao cadro de persoal ao longo do ano 2020 unha vez realicen o seu período de formación na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) así como o período de prácticas que efectuarán durante o verán no propio corpo da Policía Local ponteareán.
O alcalde Xosé Represas salientou que “con estas catro novas incorporacións o Goberno Local dá un novo paso para o reforzamento da plantilla da Policía Local”. Hai varios meses sumouse á plantilla un novo axente e durante este ano prevese iniciar o procedemento de selección doutros tres máis.
Ponteareas conta actualmente con oito axentes activos e seis auxiliares temporais o que obriga a que a plantilla realice servizos extraordinarios para asegurar o mantemento dos tres turnos diarios de traballo. O concelleiro de Mobilidade e Tráfico “Roberto Mera salientou que coa praza xa cuberta, máis estas catro novas incorporacións e as tres prazas a convocar este ano, duplicaremos os efectivos actuais e poderemos mellorar sustancialmente este servizo fundamental”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163