Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 09 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Aprobada a proposta dos populares para crear un plan de saneamento integral

Unhas 2000 vivendas están sen conexión no municipio

O Concello do Porriño deberá elaborar unha planificación técnica, temporal e económica das actuacións a acometer para executar a totalidade da rede de saneamento pendente

O Goberno Municipal do Porriño deberá elaborar un plan director para acometer o saneamento pendente a proposta do Partido Popular.

 

Na actualidade a maior parte da poboación do Porriño non dispón de conexión á rede municipal e debe de recurrir a sistemas de saneamento individuais. A día de hoxe quedan por conectar unhas 2.000 vivendas e unha extensión aproximada de 88.500 m de rede pública por acometer.

 

Tal e como explicou no pleno o concelleiro, Abel Estévez, "as cifras do saneamento pendente impóñense e requírese un compromiso firme do Goberno Municipal".

 

As parroquias de Pontellas e Budiño son nas que máis rede queda pendente, con 495 e 365 vivendas sen conexión, respectivamente. No resto das parroquias do municipio a situación non dista moito. En Mosende quedan por conectar á rede 280 vivendas, 215 en Chenlo, unhas 130 en Torneiros, máis de 170 na parroquia de Atios, e 45 tanto en Cans como no Porriño.

 

 

 

 

Unhas 2000 vivendas están sen conexión no municipio e as parroquias son as grandes perxudicadas

 

 

 

 

"Somos conscientes de que rematar a rede pública de saneamento supón un gasto moi superior ao orzamento do que se dispón, pois requeriría unha inversión aproximada de 18 millóns de euros", explica Estévez, "Por iso é esencial que o goberno local adquira un compromiso en firme no que prime planificación fronte á improvisación e a arbitrariedade coa que se está a actuar, para conseguir unha maior eficiencia no investimento e poder avanzar en firme cara a total conexión á rede municipal de saneamento de todos os veciños do Porriño".

 

A falta de planificación e proxecto do goberno municipal xenera situacións como a que se deu nas obras de saneamento de Liboeira-Casal, na parroquia de Atios, que se prolongaron durante 4 meses perxudicando aos veciños da zona  que a día de hoxe continúan sen conexión.

 

Atendendo a esto, os populares presentaron no pleno unha moción reclamando ao Goberno Municipal a elaboración dun estudo preliminar da rede de saneamento no termo municipal que determine con exactitude os tramos pendentes de acometer, e detecte as actuacións máis urxentes. En base a este estudo, o Concello do Porriño deberá elaborar unha planificación técnica, temporal e económica das actuacións a acometer.
"Falamos dunha cuestión prioritaria, dun servizo básico e esencial que estamos obrigados a dispoñer e que está a supoñer un grave perxuizo á veciñanza das parroquias", apunta o voceiro popular, Alejandro Lorenzo, "Os veciños e veciñas do rural deben dispoñer dos mesmos servizos que os do casco urbano e Concello do Porriño deber garantir que así sexa. A calidade de vida dun porriñés non pode depender de onde viva".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.