MOS
Os socialistas de Mos reclaman "a independencia das asociacións"
O partido socialista de Mos denuncia que "dende o concello se está presionando as veciñas de Mos para asistir a un acto da Xunta de Galicia polo 8M o Sábado día 7 na cidade da cultura en Santiago".
Dende o Geupo Municipal do PSdG PSOE aseguran que "a Xunta de Galicia e o Partido Popular nunca quixeron apoiar e participar nas actividades reivindicativas e manifestacións convocadas polas plataformas feministas da nosa comunidade".
A voceira socialista, Victoria Alonso di estar "anonadada" polo uso partidista da Xunta de Galicia e o partido Popular. Engade que "xa sabe que esta é unha costume do Partido Popular, en facer un uso electoralista destas datas, xa que o ano pasado a alcaldesa de Mos fixo coincidir o desfile das comparsas de carnaval coa manifestación polo día da muller, a que ela acudiu por primeira vez".
Alonso remarca que as reivindicacións feministas "non poden ser usadas en función das citas electorais" e convida os dirixentes do Partido Popular a que realmente "traten este tema coa importancia que merece, e sobre todo, que non usen politicamente as asociacións mosenses a favor das súas estratexias políticas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58