

VIEIROS, é dunha mostra inclusiva e colectiva de poesía visual que reúne as obras dun grupo de dez mulleres con discapacidade intelectual do Centro EVD Galicia de Mos xunto a seis creadores de dilatada traxectoria artística como son Paco Vila Guillén, Mikel Jáuregui, Marcos Mesa, Franklin Fernández, Alfonso Aguado e David Fernández Rivera.
O conxunto de poemas visuais creados polas diferentes mulleres con discapacidade que participan na mostra, son froito dos obradoiros de poesía visual que impartiu o poeta e dramaturgo David Fernández Rivera, impulsor e director desta iniciativa, no verán do 2019 nas instalacións do Centro.
Con esta exposición preténdese reivindicar, non só a necesidade da poesía visual nesta sociedade, independentemente das características ou circunstancias das personas que a creen, senón tamén da inclusión como pilar básico dunha sociedade máis xusta, humana e comprometida.
“Vieiros” reivindica a autenticidade das personas como o motor fundamental para crear poesía, algo que é independente da condición ou capacidades de cada individuo, senón propio do humano, e o demostra a través dunha colección de obras de poesía visual de mulleres con discapacidade que se aúna nun mesmo espacio coa obra de seis dos poetas visuais actuais máis representativos de España e Hispanoamérica.
Día: venres 6
Hora: ás 20:00 h
Lugar: Pazo de Mos
Su socio integral en comunicación, publicidad y marketing
Guía de Servicios Municipais en MOS - Información e Trámites
Servicios de seguridad en Mos
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.