Mos
O Grupo de Igualdade do IES de Mos toma os camiños do concello
O vindeiro luns, día 9 de marzo, o Grupo de Igualdade do IES de Mos organiza unha marcha-manifestación baixo o lema “Loitemos pola igualdade”. A marcha sairá do IES ás 10:30 para chegar sobre as 11:00 á Casa do Concello de Mos. Unha vez alí, lerase un manifesto, haberá un espazo de micro aberto para quen queira intervir no acto e unha visita ao CIM.
O Grupo de Igualdade do IES de Mos naceu o pasado mes de novembro á volta do día contra a violencia de xénero. Formado por alumnas, alumnos e docentes conta con máis dun centenar de integrantes. Reúnense cada 15 días durante os recreos e, polo de agora, organizou unha exposición no centro sobre o sexismo dos xoguetes, coincidindo coas festas do Nadal; e un curso de formación en feminismo impartido por Priscila Retamozo ao que asisten de forma regular máis dun centenar de persoas.
Desde o Grupo de Igualdade consideramos que a comunidade educativa precisa da creación de espazos de reflexión, proposta e acción feminista como mecanismos para a conquista da igualdade real entre homes e mulleres. O Grupo nace este ano, mais faino con vontade de permanencia, de sumar persoas de toda a comunidade escolar e de ser un espazo de referencia de temas de igualdade no IES de Mos.
A marcha-manifestación supón a primeira acción fóra das dependencias do IES e unha forma de visibilizar a loita pola igualdade. Achegarnos ata o Concello é un xeito de convidar á corporación municipal a participar das nosas reivindicacións. A marcha estará acompañada por Protección Civil e conta coa colaboración do propio Concello de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151