Actualidad
A violencia de xénero: un problema de saúde pública
“Non valorar a diferencia entre homes e mulleres en saúde afecta ao proceso de prevención, diagnose e tratamento”
Malia que ten unha maior lonxevidade, a vida da muller con boa saúde e sen enfermidades crónicas é máis curta ca dos homes
Cada 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é unha data para reflexionar e lembrar á sociedade a realidade da desigualdade entre homes e mulleres e as súas consecuencias, e o ámbito sanitario non é a excepción. O xénero crea diferencias en saúde que se transforman en desigualdades cando estas son inxustas e evitables. A doutora Rosana Izquierdo, coordinadora do Grupo de Traballo de Violencia de Xénero da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), fai fincapé nas palabras da Organización Mundial da Saúde (OMS) ao lembrar que o xénero crear desigualdades por si só, pero “tamén pode agravar as que son produto da situación socioeconómica, a idade, a etnia, discapacidade...”.
“O rol de xénero é unha construción social e a introdución da perspectiva de xénero na análise de saúde implica recoñecer que existen diferenzas no estado de saúde de homes e mulleres que transcenden das biolóxicas, pois están construídas socialmente”, explica Rosana Izquierdo. Aínda se emprega unha visión androcéntrica do modelo de enfermar e isto ten consecuencias como, por exemplo, a tradicional exclusión da muller na investigación biomédica, a medicalización de procesos naturais da súa vida como o embarazo ou a menopausa, a consideración das súas queixas como procesos psicolóxicos que se tratan con fármacos ou a acepción do patrón masculino nas enfermidades cardiovasculares que levan a diagnoses erróneas na muller.
“O modelo de referencia en saúde é o home e non valorar esa diferencia afecta ao proceso de prevención, diagnose e tratamento. É necesario introducir a perspectiva de xénero na saúde, que axudará a entender mellor o proceso de saúde e de enfermidade”, asegura.
Eterna coidadora da saúde dos demais, a da muller non importa, non existe, non hai tempo para ela. “A muller coidadora esquécese da súa propia saúde. Coidar produce un custe moi alto porque deixa de coidarse a si mesma”, asegura Izquierdo. Así, malia que a lonxevidade é maior en mulleres (en Galicia a esperanza de vida está en 86,3 anos fronte aos 80,2 dos homes), non teñen unha maior calidade de vida. “A vida da muller con boa saúde e sen enfermidades crónicas é máis curta ca dos homes, por moito que vivan máis anos”.
A solución pasa por buscar “un reparto equitativo do coidado entre homes e mulleres, mais tamén na comunidade” e por “valorar e visibilizar ese coidado, que é o que fai que a sociedade avance cara adiante e é un importante aporte no desenvolvemento e benestar doutros a costa da súa propia saúde, pois se esquece do seu propio benestar”.
Tampouco os e as profesionais da saúde son alleos á desigualdade no desempeño da súa actividade. Malia que as mulleres supoñen en España máis do 50% do persoal médico e son o 62% das estudantes de Medicina, tan só o 20% ocupa postos de dirección. “É unha profesión feminizada mais os cargos de responsabilidade seguen a estar masculinizados. Na medicina existe o teito de cristal”, confirma a doutora Izquierdo.
A violencia de xénero: un problema de saúde pública
As desigualdades entre home e mulleres son moitas, mais a máis dramática expresión da desigualdade é a violencia de xénero. A doutora Rosana Izquierdo considera que é un problema de saúde pública e é de vital importancia sensibilizar aos profesionais de Atención Primaria neste eido. “Cada vez estamos máis formados, pero aínda existe unha infradetección nas consultas. Non todas as mulleres van ir denunciar, mais todas van vir ao centro de saúde, porque en todas existe unha afectación do seu estado de saúde. É un proceso que dura anos e que produce consecuencias físicas, psicolóxicas, sociais, da saúde dos fillos e fillas e consecuencias mortais que coñecemos ben”.
De feito, segundo diferentes estudos realizados nos últimos anos, estímase que entre un 20 e un 30% das mulleres que acoden a un centro de saúde padeceron violencia física ou psicolóxica nalgún momento da súa vida dende hai máis de cinco anos e tan só se detectan entre un 5 e un 10% dos casos. Nas consultas de Atención Primaria é importante traballar na violencia de xénero “como en calquera outro problema de saúde. Temos que estudalo, temos que traballarnos para traballar neste eido”, asegura Izquierdo.
Malia iso, os e as profesionais sanitarios contan cunha serie de condicionantes que dificultan a detección da violencia de xénero nas consultas. “O primeiro é que non se ve como un problema de saúde e é precisa unha formación dos e das profesionais; os egundo, que temos os mesmos estereotipos que o resto da sociedade e, o terceiro, que temos pouco tempo nas consultas e é importante facer unha abordaxe biopsicosocial da muller”.
Aínda así, en canto á desigualdade entre homes e mulleres, a coordinadora do Grupo de Traballo de Violencia de Xénero da Agamfec ve un futuro esperanzador coas vindeiras xeracións. “A xuventude vén rompendo e loitando pola igualdade de xénero, porque, como di a OMS, é un piar necesario para lograr un mundo sostible, pacífico, próspero, saudable e que non deixe a ninguén desatendido. Son optimista e penso que os mozos e mozas van loitar pola igualdade de xénero, xa loitan por ela”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170