Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 07 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Anuncia de Sanguiñeda, unha mosense centenaria máis

O pasado 15 de febreiro esta muller “traballadora, aberta de mente e avanzada ao seu tempo” cumpriu 100 anos

O Concello de Mos suma unha veciña centenaria máis. Victoria Anunciación -Anuncia- Pampilllón Leiras, que o pasado 15 de febreiro cumpriu 100 anos, recibiu esta semana a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira da parroquia, Begoña Toucedo. Anuncia foi felicitada polas representantes municipais na súa casa na Avenida de Sanguiñeda, xunto coa súa filla, María Esther Carrera Pampillón, a súa bisneta, Raquel Castro Vila, e o Cura Párroco de Sanguiñeda, Víctor Bargiela Bargiela.


Anuncia naceu en Torneiros, O Porriño, en 1920. Só tivo un irmán que lamentablemente faleceu con 7 anos. Prácticamente criouse soa coa súa nai porque o seu pai faleceu moi novo, polo que tivo que traballar moito e moi duro desde pequena.


Con 14 anos casou cun mozo mosense da parroquia de Cela, Evaristo Carrera González, formando un matrimonio moi traballador e moi feliz. Evaristo traballaba en Zeltia e Anuncia mercou unha terneira despois da Guerra Civil para criala e producir leite de vaca. Tiveron dous fillos, Marcial Carrera Pampillón (xa falecido) e María Esther, coa que vive actualmente. Todos os domingos ían en familia ao cine infantil do Porriño. O marido de Anuncia, Evaristo, faleceu de cancro aos 70 anos.


María Esther casou con 20 anos cun mozo de Sanguiñeda e trasladouse a vivir á parroquia mosense. A súa nai, Anuncia, leva xa uns 20 anos aproximadamente vivindo con ela na Avenida de Sanguiñeda.


Anuncia ten xa 4 netos e 7 bisnetos e toda a súa familia coincide en definila como “unha muller moi traballadora, moi aberta de mente e avanzada ao seu tempo, que leía moito e escribía… unha muller de bandeira”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.