VIGO
A Xunta remítelle ao Concello unha proposta para a mellora do sistema de saneamento en Teis
Trátase de iniciar canto antes a primeira fase desta actuación, que dá resposta aos problemas detectados e á mellora da calidade das augas de baño
A Xunta vén de remitirlle o Concello de Vigo unha proposta de convenio de colaboración para a mellora do sistema de saneamento en Teis, co obxectivo de obter a súa conformidade e poder materializar a súa sinatura a maior brevidade posible.
Trátase dunha primeira fase de mellora do saneamento neste núcleo de Vigo para dar resposta aos problemas detectados e mellorar os obxectivos medioambientais para augas de baño.
O proxecto xa está redactado e supón un investimento de algo máis de 1 millóns de euros, financiado integramente pola Xunta de Galicia.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, remitiulle hoxe unha misiva ao alcalde de Vigo, na que, novamente, trasládalle a disposición de colaboración da Xunta, para seguir avanzando na mellora do saneamento e depuración e a calidade das augas en Vigo.
A Administración autonómica amosa, novamente, a súa disposición de colaboración nas competencias municipais en materia de augas
Neste sentido, consciente do reto que isto supón, a Xunta vén axudando aos concellos, e nomeadamente ao de Vigo, no exercicio das súas competencias municipais en materia de augas.
Puxo como exemplo desta colaboración, a nova depuradora de augas residuais de Vigo, xa en explotación, cunha achega da Xunta de 75 millóns de euros para que a cidade tivera a mellor instalación hidráulica.
Na materia de augas, a Xunta tamén continúa coa xestión do encoro de Eiras garantindo a seguridade e o seu correcto funcionamento á espera de que o Concello de Vigo se pronuncie sobre a proposta de convenio polo que asumiría esta xestión.
Cómpre lembrar que a Xunta mantén na actualidade o encoro que proporciona auga a Vigo e ao conxunto de concellos dependentes do seu sistema de abastecemento, e ten licitando un novo contrato cun investimento de 500.000 euros e un prazo de 24 meses.
Por outra banda, o organismo hidráulico da Xunta está ultimando o Plan específico para a xestión do risco potencial de inundacións do río Lagares, en colaboración cos técnicos municipais. Plan, no que de xeito coordinado se están a establecer medidas de prevención e preparación, protección e recuperación ante os efectos de calquera eventualidade. A Xunta espera telo culminado proximamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217