GALICIA
Haberá papeleta verde de EQUO Galicia o 5 de abril
EQUO Galicia, representante do Partido Verde Europeo en Galicia, decide concorrer a estas eleccións coas súas propias siglas, impulsando unha candidatura baseada no ecoloxismo e o decrecentismo que poida facer fronte ás crises social, económica, política, medioambiental e climática. Aportando "solucións ante a incapacidade e o desinterese do goberno actual da Xunta de Galicia para enfrontar os moitos retos que se nos apresentan no horizonte".
"Chegado a este punto de inacción e mala xestión, precísanse urxentemente novas formas de facer política, máis participativas e horizontais, nas que se traballe por un novo modelo económico e produtivo compatible co medio ambiente, poñendo a ecoloxía no centro da acción política" sinalan.
"A situación de maltrato e desleixo cara o noso medio natural, explotado e desaproveitado ao mesmo tempo, precisa da implantación de estratexias e plans pensando no curto e no longo prazo".
"O desmantelamento dos servizos públicos en prol dos intereses das grandes empresas privadas, a total ausencia dunha mínima estratexia industrial que aposte por unha transición ecolóxica que faga que non se perdan os postos de traballo polo camiño, a deficiente vertebración do territorio e aposta por modelos de transporte obsoletos, entre outras, son cuestións que precisan da aplicación transversal dos principios da ecoloxía política" explican dende EQUO.
"Mudar o rumbo é posible! Políticas que poñan no centro ás persoas e a súa relación co medio, sen deixar a ninguén atrás e tendo en conta os recursos finitos cos que contamos".
EQUO Galicia preséntase nas catro provincias galegas, ofrecendo "unha candidatura verde necesaria para a nosa sociedade e os nosos tempos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191