MOS
350 mosenses participan nunha cea para conmemorar o Día Internacional da Muller
Celebrouse esta noite e forma parte da programación municipal organizada durante o mes da muller
Dentro da programación municipal conmemorativa do Día Internacional da Muller o Concello de Mos organizou unha Cea Baile que se celebrou este sábado 7no Pavillón Óscar Pereiro logrando congregar a 350 mulleres mosenses e superando a cifra de comensais da anterior edición celebrada o ano pasado.
O encontro ía dirixido a mulleres maiores de 18 anos dando comezo ás 22.00 horas. Contou con varias dinámicas de grupo para interactuar entre as participantes e rematou con sesión de baile a cargo dun DJ. Ademais participaron diversas mulleres mosenses destacadas como é o caso de María Carrera (Maruja), fundadora de Asodifisi, as actrices do Grupo de Teatro Mulleres en Igualdade de Mos, a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, María Victoria (Mariví) Ben Ledo, as xogadoras do equipo feminino da Unión Deportiva Mos, e usuarias do centro das Escravas da Virxe Dolorosa en Petelos, entre outras.
Tamén asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as tres mulleres concelleiras integrantes do equipo de goberno local, Sara Cebreiro, responsable dos departamentos de Política Social e Igualdade, Cultura e Turismo, Julia Loureiro, que dirixe as concellerías de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial, Emprego, Educación, Persoal, Réxime Interno e Mobilidade e Begoña Toucedo que leva Participación Cidadá e Deportes. E houbo ademais dúas autoridades convidadas de honra: a Vicepresidenta Segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e a ex Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Corina Porro.
Tratouse dunha velada agradable e divertida na que as participantes puideron poñer en valor o papel da muller na sociedade e compartir vivencias, experiencias e anhelos cos que contribuír a avanzar no camiño aínda por percorrer ata acadar a igualdade real de xéneros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58