Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 10 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta adxudica o estudo de viabilidade para a conexión do polígono de Veigadaña coa autovía

Este contrato dispón dun investimento de 18.000 euros e conta con 6 meses de prazo para analizar a posible execución dunha estrada de enlace coa autovía A-55

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar a redacción do estudo de viabilidade da execución dunha conexión directa do polígono industrial de Veigadaña, no municipio de Mos, coa autovía A-55, no concello de Mos.

 

Este contrato foi adxudicado á empresa Noega Ingenieros S.L., por un investimento duns 18.000 euros. A redacción do proxecto conta cun prazo de execución de 6 meses.

 

O polígono da Veigadaña, executado e xestionado pola Xunta a través de Xestur Galicia, e en funcionamento dende o ano 2012, conta na actualidade cunha conexión directa coa estrada N-550 e sitúase a menos de 1 quilómetro da autovía Vigo-O Porriño.

 

Dada a relevancia do polígono da Veigadaña e o bo ritmo de instalación de empresas que se instalan nel, o obxectivo deste estudio é mellorar a súa competitividade, para o que se propón analizar a posible execución dunha estrada de conexión directa coa autovía A-55.

 

As tarefas incluídas neste contrato, consisten na elaboración das posibles alternativas para a conexión directa entre o polígono industrial e a A-55, así como a avaliación da cada unha das alternativas consideradas.

 

Para as propostas consideradas, o estudo deberá ter en conta a normativa de estradas do Estado e considerar o estudo informativo da Variante da A-52 ata Vigo -autovía en túnel alternativa á A-55 entre O Porriño e Vigo-.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.