GALICIA
FeSP-UGT advirte do peche de tres centros de Correos en Galicia
Este anuncio prodúcese despois da visita, hai tres semanas, do novo director de operacións de Correos a Galicia
FeSP-UGT-Galicia advirte do peche de tres centros de Correos en Galicia, dous de tratamento postal (Coruña e Pontevedra) e un terceiro, un centro de tratamento local en Vigo. Esta información lle foi transmitida ao Sindicato dende Correos vía telefónica, polo que aínda non se dispón dunha comunicación escrita ao respecto e, polo tanto, descoñécese cal vai ser o procedemento destes peches e como vai afectar aos seus traballadores e traballadoras, uns vinte en total.
Curiosamente, os responsables do Sindicato fan fincapé en que este anunciou prodúcese despois da visita, hai tres semanas, do novo director de operacións de Correos a Galicia.
Este anuncio tamén coincide coa próxima publicación do Plan estatéxico de Correos, que está ás portas, e FeSP-UGT intúe que, precisamente, o peche destes centros encádrase neste Plan. Plan que Correos nin explica nin lle expón aos sindicatos, a pesar das reiteradas demandas realizadas dende FeSP.
Para FeSP-UGT, resulta evidente que a pretensión final é ir desmantelando progresivamente a matriz Correos e Telégrafos a favor de Correos Express.
Por todo isto, e ante a situación de incerteza xerada, o Sindicato demanda unha reunión urxente coa dirección de Correos na que se expoña a situación e se aclaren todos os termos destes posibles peches e de como afectarán ao persoal traballador e ao emprego, ademais do propio servizo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191