MOS
Manifestación "pola igualdade” do IES de Mos
Hoxe, 9 de marzo, o Grupo de Igualdade do IES de Mos marchou en manifestación desde o centro de ensino ata as dependencias municipais. Na marcha participaron un cento de alumnas e alumnos alén de docentes baixo o lema “LoiteMos pola igualdade”. Ao paso polo centro ocupacional Escravas da Virxe das Dores, varias ducias de usuarias e profesoras se uniron á marcha dando forza á marcha e visibilizando ao colectivo marxinado das mulleres con enfermidades mentais.
Nun ambiente lúdico-reivindicativo, o alumnado visitou o Centro de Información da Muller do Concello de Mos. Máis tarde, foi recibido por toda a corporación, goberno e oposición, na praza do consistorio municipal. Alí, Aroa e Iria leron o manifesto no que aseguraron que a manifestación é “unha forma de resistencia fronte ás diversas formas nas que se manifesta o patriarcado. A loita pola igualdade entre homes e mulleres busca os mesmos dereitos e oportunidades e resultados para uns e para outras.”
Con esta manifestación, inédita na historia do IES de Mos, o estudantado de secundaria do de Mos mostrou a súa firme convicción de que a igualdade é o camiño para construír unha sociedade máis xusta entre homes e mulleres. Tal e como se escoitou baixo a néboa da Louriña, “Aquí está, aquí se ve, o feminismo mosense en pé”.
O Grupo de Igualdade do IES de Mos continuará coas súas actividades e manterá informados aos medios de comunicación de forma puntual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58