Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 10 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
O Rosal

Catro feridos despois de que o coche no que circulaban caese ao río no Rosal

Catro persoas foron trasladadas a pasada noite a un centro hospitalario despois de que o turismo no que viaxaban caese ao río no Rosal.

 

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as persoas foron evacuadas con feridas nas mans, producidas  ao romper os cristais das fiestras do coche para saír do interior do vehículo, que rematou totalmente cuberto de auga.

 

Os feitos sucederon na parroquia de Tabagón, nas proximidades do velódromo, ao fío das 1:40 horas.

 

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.

 

Nada máis ter coñecemento, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos voluntarios de Protección Civil do Rosal, ao GES da Guarda e aos Bombeiros do Baixo Miño.

 

Finalmente, o turismo accidentado foi retirado do río por un guindastre.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.