MOS
Mos aproba unha moción na que pide a gratuidade da peaxe da AP-9 no Porriño
Coa mesma solicítase ante a administración responsable a liberalización inmediata da peaxe da AP-9 desde Puxeiros a Porriño e acórdase transmitir o acordo a todos os partidos políticos que se presenten ás eleccións do 5 de abril en Galicia para que inclúan no seu programa o compromiso de liberalización da peaxe deste traxecto
O Concello de Mos aprobou onte en Pleno por maioría dos membros da Corporación Municipal unha moción para solicitar que todos os partidos políticos que se presentan ás eleccións autonómicas do vindeiro 5 de abril inclúan nos seus repectivos programas electorais a gratuidade do tramo da AP-9 entre Puxeiros e O Porriño, que liberaría de tráfico á problemática autovía A-55 ao seu paso por Mos.
A devandita moción aprobouse cos votos favorables do equipo de goberno, a abstención do BNG e dos socialistas mosenses e a negativa a votar por parte dos membros de GañaMos.
A motivación desta moción é a perigosidade da A-55, o elevado número de accidentes que rexistra e que, á súa vez, producen enormes danos tanto de saúde como materiais.
Mediante a aprobación da moción acordouse tamén solicitar ante a administración responsable a liberalización inmediata da peaxe da AP-9 desde Puxeiros a Porriño. E transmitir o acordo a todos os partidos políticos que se presenten ás eleccións do 5 de abril en Galicia para que inclúan no seu programa o compromiso de liberalización da peaxe deste traxecto.
O Traxecto da A-55 ao seu paso por Mos é un dos tramos máis perigosos do Estado Español, o que se reflexa na alta sinistralidade contrastada polos numerosos datos estatísticos. Sinistralidade que ocasiona numerosos danos materiais e persoais.
Co fin de diminuír esta sinistralidade realizouse unha reforma recente e colocáronse radares cunha limitación de velocidade á 60Kms/h nun traxecto de curvas, medidas que se ben evitan en parte o crecemento da sinistralidade, provocan numerosas retencións polo elevado tráfico e, así mesmo, dá orixe a numerosas sancións por exceso de velocidade, arredor de 14.000 anuais de forma continuada nos últimos anos.
Estas consecuencias afectan a todos/as os/as cidadáns, pero especialmente á veciñanza de Mos, por ser os maiores usuarios desta vía.
Con trazado paralelo e próximo a esta estrada existe a Autopista AP-9 pola que circula escaso tráfico debido ao peaxe nela instaurado. Esta Autopista entre Coruña e Tui, ten accesos de conexión coa A-55 tanto no Alto de Puxeiros como en Porriño, cun percorrido de 8Kms. que enlaza coas autovías cara Tui, Ourense e Vigo. Se este traxecto fose liberado da peaxe diminuiría de forma significativa a densidade do tráfico no traxecto referido da A-55; e, polo tanto, menguarían os problemas mencionados. Por outro lado é evidente que o coste de liberalización destes poucos quilómetros da peaxe ten un coste asumible pola Administración Pública Responsable. Aínda que o Ministerio de Fomento, consciente do grave problema ten proxectado un túnel que permita reducir drasticamente o tráfico no traxecto referido da A-55, o proxecto está aínda nunha fase inicial e non resolve o problema a medio prazo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.146