Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 13:10:26 horas

Xornal21.es
Viernes, 13 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Un cento de voluntarios participan en Chandebrito na plantación 
do 'Bosque da luz'

San Rockers e The Soul Jacket tocarán no concerto colofón final da xornada do sábado, no que a Comunidade de Montes pide un donativo de 5 € para continuar coas plantacións

[Img #61191]Concello de Nigrán, Comunidad de Montes e Asociación de Veciños de Chandebrito organizan xunto a asociación 'Galicia Ambiental' a plantación de castiñeiros 'Bosque da luz' este sábado e domingo na parroquia. Un cento de voluntarios inscritos desde toda España participarán neste programa que xurde a través do proxecto 'Arbores de cinza' e que conta co apoio do 'Festival de la Luz' de Boimorto amadriñado por Luz Casal. Serán dous días de confraternidade co pavillón do Colexio Estudio de Chandebrito como 'albergue', sendo o sábado a xornada máis completa coa realización de dúas reforestacións (mañá e tarde) e o concerto ás 22:30 de San Rockers e The Soul Jacket como colofón (as dúas bandas de rock con raigame en Nigrán). Para este evento musical a Comunidade de Montes solicita un donativo de 5 € como entrada simbólica destinada a continuar coas plantacións na parroquia (pódese facer a aportación no mesmo día).

 

 

 

 

Realizaranse actividades paralelas en recordo a Félix Rodríguez de la Fuente polo 40 aniversario do seu falecemento

 

 

 

 

Coincidindo o sábado co 40 aniversario do falecemento de Félix Rodríguez de la Fuente, realizaranse tamén actividades paralelas pensadas especialmente para un público infantil. Ademais, inaugurarase un monolito en agradecemento aos promotores do evento e o domingo pola mañá, como despedida dos voluntarios ao mediodía, terá lugar unha andaina etnográfica pola parroquia.

 

"Son dous días de convivencia e confraternidade con voluntarios de toda España e o sábado contará co concerto de San Rockers e The Soul Jacket para todo o público que desexe asistir. É unha honra acoller este programa de voluntariado en Chandebrito e desde o Concello estamos encantados de colaborar nel", sinala o alcalde, Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.