Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 13 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Fundación Juana de Vega celebrou na DO Rías Baixas un encontro das comarcas vitivinícolas galegas

O obxectivo é coñecer as propostas dos distintos axentes presentes na comarca para o futuro do territorio da DO

A Fundación Juana de Vega continúa co proceso de participación no marco da “Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia” que se está desenvolvendo en virtude dun convenio de colaboración subscrito o pasado mes de agosto entre a Fundación, a Consellería de Medio Rural, a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Galego de Promoción económica (IGAPE). Esta estratexia ten por obxectivo mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto, reforzar a súa imaxe de marca vinculada cos territorios nos que se producen e mellorar a eficacia da promoción e comercialización dos produtos turísticos vinculados ao enoturismo e a enogastronomía.


O proceso de participación iniciouse na DO Rías Baixas no mes de decembro, cando se recolleron os principais problemas e retos do territorio nos eidos de produción, industria e comercialización, turismo e enoturismo, patrimonio cultural e paisaxístico. Nesta segunda fase, o encontro tivo un carácter máis propositivo recollendo as achegas dos distintos axentes e as medidas concretas a incluír na estratexia para poder reforzar aqueles aspectos positivos ou solucionar aquelas problemáticas identificadas no encontro inicial.


O encontro propositivo tivo lugar esta semana no Pazo de Mugartegui en Pontevedra e nela participaron diversas organizacións e institucións cuxo ámbito de actuación coincide prioritariamente co territorio da DO, tanto relacionadas directamente co sector vitivinícola, como do sector turístico, das administracións públicas e doutros axentes do territorio: viticultores, adegas, Consello Regulador, rutas do viño, empresas de turismo, hostaleiros, concellos, Grupos de Desenvolvemento Rural, entre outros.


No encontro presentáronse os principais eixos cos que se está a traballar na elaboración da estratexia: viticultura e produción de uva, industrias e tipos de viños elaborados, comercialización e mercados, organización da cadea do viño e funcionamento da DO, turismo e enoturismo, patrimonio natural, cultural e paisaxe.


A metodoloxía empregada propicia un diálogo participativo que permite que afloren ideas, acordos e camiños de acción para o futuro dos territorios nos diferentes eidos sectoriais desde diferentes perspectivas.


A este encontro en Pontevedra, precedeulle o que tivo lugar en Valdeorras, a semana pasada e seguiranlle outros tres similares nos outros territorios vitivinícolas que existen en Galicia, en Monterrei o 24 de marzo, na Ribeira Sacra o 26 de marzo, no Ribeiro, o 1 de abril, e coas IXPs o 16 de abril.


O sector vitivinícola converteuse nun dos sectores máis dinámicos do rural galego, aglutinando nas súas cinco Denominacións de Orixe, a máis de 13.000 viticultores, unhas 450 adegas e un valor económico de máis de 200 millóns de euros. O viño é por tanto un importante dinamizador nas comarcas de Galicia que están ligadas a estas Denominacións de Orixe, creando fortes vínculos entre agricultura, patrimonio, paisaxe, gastronomía, cultura e turismo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.