Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 12 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos incrementa en preto dun 18% o volume de reciclaxe

A alcaldesa e o concelleiro de Recollida de Residuos agradécenlle á cidadanía o seu esforzo para acadar tan bos datos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso, fixeron onte balance das porcentaxes de reciclaxe da veciñanza mosense no último ano, aportando datos de incremento moi positivos.


Rexedora local e edil de Recollida de Residuos informaron de que, “tras facer cálculos de reciclaxe por habitante durante o ano 2019 e en comparativa co ano anterior, nas estatísticas apréciase un incremento de reciclado por habitante de ata os 36,19 quilos por habitante e ano, o que representa un incremento do 17,37% no volume de reciclaxe con respecto ao ano 2018 (30,83 quilos por habitante e ano)”.


Destaca así mesmo o importante incremento no reciclado en todas as partidas: un 16,23% en envases lixeiros, un 20,68% en papel e cartón; e un 15,29% en vidro. Polo que Arévalo e Alonso agradécenlle á cidadanía “o seu esforzo para acadar tan bos e esperanzadores datos”.


Aínda que queda moito camiño por andar e siguen existindo verquidos incontrolados no municipio, o certo é que as cifras de reciclaxe suben en todos os seus parámetros. Tamén melloraron os datos de 2019 respecto de 2018 en orgánica, voluminosos e outros; e vexetais-podas. En orgánica o incremento foi do 2,18%, en voluminosos do 34,35% e en podas do 189%.


“Cada vez estase reciclando máis en Mos e esa é unha moi boa nova para este municipio que ademais está adherido ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e moi sensibilizado coas políticas medioambientais” declararon os representantes municipais. O concelleiro Gonzalo Táboas informou ademais de que actualmente desde o seu departamento estanse a revisar todas as parroquias para reforzar os puntos de recollida de residuos para repoñer e aumentar o número de colectores e incluso crear novos emprazamentos de ser necesario.


Táboas aproveitou ademais para lembrar o servizo de Punto Limpo no Polígono da Veigadaña, aberto ao público de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas e os sábados en horario matinal de 10 a 14 horas. E recordou tamén que a empresa concesionaria do servizo municipal de recollida de lixo conta cun teléfono para solicitar a recollida a domicilio de enseres voluminosos e restos de poda, o 900 720 190, operativo de luns a venres de 9 a 13 horas.


Para continuar nesta liña ascendente as concellerías mosenses de Recollida de Residuos e Medio Ambiente Sostible que dirixen os edís Gonzalo Táboas e Leo Costas, respectivamente, iniciarán conxuntamente coa empresa de recollida de lixo, Urbaser, unha campaña de sensibilización que comezará entre finais de abril e principios de maio. Constará de charlas didácticas sobre reciclaxe que serán impartidas nas asociacións das 10 parroquias do Concello de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.