PROVINCIA
Dispoñible para consulta a estratexia de cooperación transfronteiriza Río Miño 2030
Uxío Benítez: "Este traballo servirá como guía para as actuacións en materia de cooperación transfronteiriza para o territorio durante a próxima década"
A Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030 xa está dispoñible para a súa consulta e descarga na páxina web do proxecto Smart Minho, www.smartminho.eu. O documento é o resultado dunha profunda análise económica e social do territorio elaborada por especialistas e axentes políticos e sociais, e contou cunha importante participación cidadá a través da organización de varias mesas temáticas, dous foros públicos e un espazo virtual de consultas na web. Segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, trátase "dun traballo innovador que permitirá activar o territorio nunha lóxica unitaria e coherente" e servirá como guía para as actuacións en materia de cooperación transfronteiriza para o territorio durante a próxima década.
A Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030 estabelece un plan de acción baseado en cinco eixes estratéxicos: gobernanza e programas de servizos conxuntos; turismo sustentable e responsable; cultura transfronteiriza; mobilidade sustentable e sustentabilidade; e economía innovadora. A Estratexia senta as bases das actuacións, pero "este é un documento vivo, unha ferramenta dinámica a partir da cal se irán definindo as accións concretas", como apuntou Benítez.
O documento pode consultarse en galego e en portugués e proximamente tamén se publicará en papel en dúas edicións bilingües, unha en galego e portugués e outra en castelán e inglés.
A elaboración da Estratexia Rio Minho 2030 é o principal produto do proxecto de cooperación transfronteiriza Smart Minho, do que son socios a Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho, o AECT Rio Minho e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal
Outras accións do proxecto Smart Minho, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 (POCTEP 2014-2020), son a elaboración dun plan de mobilidade transfronteiriza sustentable entre o sur da provincia de Pontevedra e o norte de Portugal ou a acción de "Tesouros humanos vivos", un traballo de recuperación da memoria histórica galego-portuguesa e de posta en valor deste importante patrimonio inmaterial mediante actividades en escolas, a realización dun documental, a edición dun libro e a creación dunha base de datos pública con toda a información recompilada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191