MOS
Mos pecha parte das dependencias municipais en prevención ante o COVID-19
Desde mañá permanecerán pechados ao público os pavillóns, campos de fútbol e piscina municipais, o Multiusos das Pozas, o Centro de Día, o Punto de Atención Temperá e a Biblioteca
O Concello de Mos decreta medidas de prevención para a limitación da propagación e contaxio polo COVID-19.
As devanditas medidas consisten en:
Pechar ao público desde mañá venres día 13 de marzo e por un prazo de 14 días, que poden ser prorrogados sucesivamente de ser necesario, as seguintes dependencias municipais:
- Pavillóns municipais
- Campos de fútbol municipais
- Piscina municipal
- Multiusos municipal (As Pozas)
- Centro de día na Antiga Reitoral de Petelos
- Punto de atención temperá no edificio da Ludoteca de Louredo
- Biblioteca municipal (Porteliña)
Así como suspender as actividades extraescolares dependentes do Concello.
Ademais fanse recomendacións relativas a outros espazos públicos municipais como son:
- Casa Consistorial, Urbanismo, Servizos Sociais, CIM, Axencia de Colocación, e oficinas da Policía Local: recoméndase a realización de trámites e consultas vía telefónica e/ou telemática e non presencialmente.
- Parques: evitar o uso de elementos comúns biosaudables e de xogo infantil, e de fontes.
Estas medidas e recomendacións empréndense tendo en conta a evolución da situación do brote do virus da familia Coronaviridae, que produce a enfermidade denominada COVID-19, á vista das medidas que se están adoptando seguindo recomendacións da Organización Mundial da Saúde e do Ministerio de Sanidade para a prevención e contención necesarias en materia de saúde pública e coa finalidade de evitar riscos para a saúde pública e previr a súa propagación e contaxio. E tendo en conta tamén o regulado polo artigo 25 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no que se refire a protección da salubridade pública.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58