Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 13 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Xa á venda o maillot oficial mosense de LA VUELTA 20

Pode adquirirse previo encargo nunha tenda de deportes local

O maillot oficial da saída de La Vuelta 2020 desde Mos que foi presentado o pasado 28 de febreiro no Instituto mosense xa se atopa dispoñible á venda para o público xeral.


O punto de venda é unha tenda dlocal na Avenida de Sanguiñeda, onde poderá ser adquirido previo encargo. Alí os/as interesados/as en adquirir a prenda poderán probar a talla e decidir entre o clásico maillot ciclista por importe de 50 euros e unha camiseta técnica que custará 19 euros.


O pago das prendas realizarase no momento da recollida, non por adiantado.


Deste xeito todo o mundo poderá xa comezar a equiparse para asistir uniformados o día 3 de setembro á saída de La Vuelta Ciclista a España desde o Pazo de Mos.


O maillot ten un deseño de fondo branco con imaxes en braco e negro do Pazo de Mos (desde onde se producirá a saída da proba ciclista), da Casa Consistorial sita en Petelos e e da nova rotonda das Angustias coa fonte luminosa co lema SOMOSMOS e un pelotón de ciclistas ao seu redor superpostas, tanto na parte frontal como na traseira da prenda deportiva. Ademais atrás, na parte dos petos traseiros, loce o xadrezado en cores vermello e amarelo característico da heráldica mosense, tanto do escudo como da bandeira oficiais municipais. A rosa de Mos e o escudo ocupan tamén lugares protagonistas no maillot oficial da saída de LA VUELTA 20 desde Mos: a rosa engalana as mangas e o escudo aparece tanto no frontal na parte superior esquerda sobre o corazón como na traseira na parte superior central da espalda. Trátase dun deseño moi simbólico e corporativo, á par que orixinal e vistoso.


As representantes municipais, a alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo, e a edil de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro declararon sentirse “tremendamente orgullosas tanto da saída de La Vuelta desde o Pazo de Mos como deste precioso e orixinal maillot que, estamos seguras, será todo un éxito entre o público tanto mosense como de fóra de Mos”. “Este maillot ven a demostrar unha vez máis que Mos é calidade e que somos un pobo que expresa a grande honra de ser mosense. SOMOSMOS, e neste maillot queda perfectamente patente que nos gusta e nos enorgullece selo. Nunha soa prenda reflíctense valores históricos, culturais, sociais e deportivos; por iso consideramos excelente o resultado e cremos que se trata dunha peza de calidade sobresaínte. Esperamos que todo o mundo estea tan ilusionado e emocionado con el como nós”, concluíron a rexedoral local e as concelleiras mosenses.


A etapa de La Vuelta que sairá desde o Pazo de Mos o 3 de setembro ás 13.00 horas, transcorrerá polo termo municipal durante un traxecto de 9 quilómetros, dos que aínda está pendente detallar os lugares de paso do percorrido.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.