• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Jueves, 23 de Julio de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Julio de 2026 a las 17:08:19 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • ACEESCA alerta de que la reclamación administrativa amenaza la apertura de la nueva residencia en O Porriño

      ACEESCA alerta de que la reclamación administrativa amenaza la apertura de la nueva residencia en O Porriño

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • La Deputación, Xunta y Concello convierten un edificio centenario en ludoteca en Ponteareas

      La Deputación, Xunta y Concello convierten un edificio centenario en ludoteca en Ponteareas

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tomiño renueva su flota municipal con 160.000 euros del Plan +Provincia

      Tomiño renueva su flota municipal con 160.000 euros del Plan +Provincia

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Baiona recupera la bandera verde en las playas de A Ladeira y Santa Marta tras los análisis de agua

      Baiona recupera la bandera verde en las playas de A Ladeira y Santa Marta tras los análisis de agua

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • El nuevo BMW iX3 40 llega a España con 637 km de autonomía y carga ultrarrápida

      El nuevo BMW iX3 40 llega a España con 637 km de autonomía y carga ultrarrápida

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Miércoles, 18 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
VIGO

Só un 2% das mulleres enxeneiras non detecta discriminación de xénero no traballo

Ninguneo profesional e dificultades para promocionar son as discriminacións máis habituais

Se a presenza das mulleres nas titulacións do ámbito das enxeñarías experimentou nos últimos anos un estancamento, cando non un retroceso, a súa situación unha vez incorporadas ao mercado laboral tampouco é doada para algunhas delas. Así o recoñece parte das egresadas nas titulacións que desde o ano 2005 se imparten nas escolas de Minas e Enerxía, Telecomunicación, Industriais e Forestais da Universidade de Vigo, agora incorporadas ao mercado laboral, e que participaron na enquisa do proxecto Rendemento académico e egreso das mulleres nos graos de enxeñaría da UVigo.

 

No estudo, elaborado por persoal investigador da institución académica viguesa ao abeiro da Cátedra Feminismos 4.0, só un 2% das mulleres tituladas pola Universidade de Vigo en estudos do ámbito da enxeñaría confirmou que non detecta discriminación de xénero nos seus postos de traballo. Financiado pola institución académica viguesa e a Deputación de Pontevedra, o proxecto, que foi presentado hoxe na EE de Minas e Enerxía co gallo dos actos de celebración do Día Internacional da Muller, analiza, por unha banda, o ingreso, desenvolvemento dos estudos e egreso das estudantes de enxeñaría e, pola outra, a situación laboral das persoas egresadas, homes e mulleres, estudando tamén os datos dispoñibles doutras titulacións masculinizados, como o grao e mestrado en Enxeñaría Naval e Oceánica da Universidade de Coruña e, a efectos comparativos, as titulacións de ciencias da saúde da Universidade de Vigo, ao ser estudos moi feminizados.

 

A enquisa enviada ás e aos egresados foi respostada por 509 persoas, un 33% mulleres e 67% homes. Entre o colectivo masculino que traballa na actualidade no eido dos seus estudos, unha elevada porcentaxe – 68%-  asegura non detectar ningún tipo de discriminación de xénero no ámbito laboral, mentres que só un 2% das mulleres enquisadas que están a traballar na actualidade, non recoñecen situacións de discriminación por xénero. “As mulleres detectan moita máis discriminación que os homes, o cal é un dato que é común a diferentes enquisas sobre igualdade: as mulleres adoitan detectar máis desigualdade de xénero e nun eido laboral masculinizado como as enxeñarías resulta claro que perciben dun xeito claro as diferentes discriminacións que resultan invisibles para os homes”, explican as e os autores do informe. O ninguneo profesional (54,1%), a existencia da fenda salarial (47,5%), as dificultades para promocionar (45,9%) e o acoso sexual por razón de xénero (14,8%) son segundo as profesionais da enxeñaría, actualmente en activo, os tipos de discriminación por razón de xénero detectados nos seus postos de traballo.

 

Da enquisa tamén se conclúe que son as mulleres as que nunha maior porcentaxe apuntan a necesidade de medidas de conciliación da vida familiar e laboral para acadar maiores cotas de igualdade. “No noso contexto, desde hai unha década estase a facer un especial énfase na denominada crise dos coidados como unha das crises que temos que enfrontar como sociedade”, sinalan as e os investigadores da UVigo.

 

Estancamento na matrícula e maiores taxas de rendemento e avaliación para as mulleres

O proxecto Rendemento académico e egreso das mulleres nos graos de enxeñaría da UVigo tamén analiza aspectos relativos ao ingreso, desenvolvemento dos estudos e egreso das mulleres nos títulos relacionados coa enxeñaría, dende as antigas titulacións LRU, ata a implantación dos actuais graos, destacando o  estancamento na proporción de mulleres matriculadas nestes estudos, que acada un valor medio do 22% para as titulacións adaptadas ao EES e do 25% nas LRU. O curso 2012-2013 foi no que a presenza feminina acadou a cifra máis elevada con 205 mulleres, fronte a 698 homes, e o 2017-2018 o que menos, con 135 mulleres e 597 homes. O estudo constata, non obstante, o carácter menos masculinizado dalgunhas titulacións como Enxeñaría Química, onde a presenza feminina supera o 50% e que contrasta con Enxeñaría Eléctrica onde non superan o 20%.

 

“Neste ambiente masculinizado, as rapazas que cursan graos en enxeñarías amosan, non obstante, un rendemento académico máis satisfactorio que os homes en termos de número de créditos avaliados e superados, respecto dos matriculados”, sinalan as persoas autoras do estudo, así, as taxas de rendemento e avaliación das mulleres son sempre e en todos os casos máis elevadas que as dos homes e a taxa de éxito tamén é máis alta en catro dos nove cursos académicos analizados. Porén, non se atopan diferencias entre homes e mulleres respecto a outros índices académicos como taxa de graduación, nota media de egreso, taxa de abandono ou duración dos estudos.

 

As e os autores do proxecto sinalan que o feito no que cómpre focalizar a atención é a baixa presenza das rapazas neste tipo de estudos, fomentando dende idades temperás, mesmo en educación primaria, vocacións STEM. “Neste sentido valoramos como moi positivas iniciativas como Inspira STEM, impulsada desde a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da UVigo, que se focaliza na motivación de vocacións STEM e na loita fronte a estereotipos limitantes en niveis de educación primaria”, explican. Xunto a Teresa Rivas, investigadora principal, do Departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente, tamén participaron no estudo as e os docentes da UVigo Asunción Longo, Soledad Torres, Ángeles Saavedra, María Araújo, Santiago Pozo, Elena Alonso, Verónica Salgueiriño e Iria Vázquez e as investigadoras da UDC Ana Jesús López, Almudena Filgueira e Lucía Santiago.

 

Visiblizando o papel da muller na enxeñaría de minas e enerxía a través da fotografía

Fernando Diaz Riopa con Río Tinto Cu (I) gañou o primeiro premio do concurso de fotografía Muller.Rme 2020 da EE de Minas e Enerxía, que este mediodía deu a coñecer as imaxes gañadoras do certame que organiza o centro co gallo do Día Internacional da Muller e que ten o obxectivo de visibilizar a participación das mulleres en actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de minas e enerxia. Pola súa banda, Nuria Mouronte Baltar con Dividiendo el trabajo, multiplicando el resultado e María Lago Girón con Reflexión, gañaron o segundo e terceiro premio, respectivamente, do certame sobre o que a directora do centro, Elena Alonso, asegura que “na escola lle temos moito cariño e pouco a pouco se está a facer un oco e está a permear nun ámbito no que non contabamos: no sector empresarial e industrial”.

 

Este ano presentáronse 27 fotografías ao concurso.

 

Noticia anterior:
Malestar por el servicio de la ORA en Vigo
Noticia siguiente:
Xa está dispoñible na web a nova Sede electrónica da Universidade de Vigo
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.142

Todavía no hay comentarios

Actualidad

El lujo de tener coche: el 45% de las familias ya no puede permitirse su mantenimiento

El lujo de tener coche: el 45% de las familias ya no puede permitirse su mantenimiento

Jefe a los 25 años, becario a los 45: el choque cultural que está transformando el trabajo en España

Jefe a los 25 años, becario a los 45: el choque cultural que está transformando el trabajo en España

Los españoles conviven con 7,5 millones de perros y la robótica doméstica se adapta a los retos de limpieza

Los españoles conviven con 7,5 millones de perros y la robótica doméstica se adapta a los retos de limpieza

Un informe alerta del trabajo forzoso en la pesca tailandesa pese a los avances de la última década

Un informe alerta del trabajo forzoso en la pesca tailandesa pese a los avances de la última década

Opinión

La vivienda: el derecho que España convirtió en un lujo

Cómo cambian los hábitos de compra durante las vacaciones de verano

Personas con derechos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Desarticulada una banda armada que asaltaba bares en el sur de Pontevedra

Desarticulada una banda armada que asaltaba bares en el sur de Pontevedra

La Guardia Civil detiene en Cangas a un estafador que pedía 350.000 euros con documentación falsa

La Guardia Civil detiene en Cangas a un estafador que pedía 350.000 euros con documentación falsa

La Guardia Civil investiga al autor de un delito de estafa mediante el 'Bizum inverso'

La Guardia Civil investiga al autor de un delito de estafa mediante el 'Bizum inverso'

La Guardia Civil detiene a un varón por tráfico de drogas en Sanxenxo

La Guardia Civil detiene a un varón por tráfico de drogas en Sanxenxo

Agenda

Julio 2026
LunMarMieJueVieSabDom
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Galicia

Un centenar de jóvenes gallegos del exterior inicia el Camino con el programa 'Conecta con Galicia'

Un centenar de jóvenes gallegos del exterior inicia el Camino con el programa 'Conecta con Galicia'

El Gobierno central plantea reformar el deslinde de costa con un nuevo criterio que genera incertidumbre

El Gobierno central plantea reformar el deslinde de costa con un nuevo criterio que genera incertidumbre

Provincia

Los clubs deportivos de la provincia podrán optar a ayudas de hasta 15.000 euros

Los clubs deportivos de la provincia podrán optar a ayudas de hasta 15.000 euros

El culto jacobeo en Portugal y las peregrinaciones militares centran las jornadas de la USC

El culto jacobeo en Portugal y las peregrinaciones militares centran las jornadas de la USC

Deportes

Marcos Garabatos, subcampeón de España en 50 mariposa y bronce en 100 libres

Marcos Garabatos, subcampeón de España en 50 mariposa y bronce en 100 libres

El Club Natación Ponteareas logra su séptimo título consecutivo en el Trofeo Amizade

El Club Natación Ponteareas logra su séptimo título consecutivo en el Trofeo Amizade

Íker Pérez y Vanesa Rodríguez conquistan la travesía Costa Serena en Nigrán

Íker Pérez y Vanesa Rodríguez conquistan la travesía Costa Serena en Nigrán

Motor

El nuevo BMW iX3 40 llega a España con 637 km de autonomía y carga ultrarrápida

El nuevo BMW iX3 40 llega a España con 637 km de autonomía y carga ultrarrápida

Salud

La otitis se dispara en verano: los cinco errores que aumentan el riesgo de sufrirla

La otitis se dispara en verano: los cinco errores que aumentan el riesgo de sufrirla

El calor extremo aumenta el riesgo de hipotensión: claves para proteger tu salud este verano

El calor extremo aumenta el riesgo de hipotensión: claves para proteger tu salud este verano

La improvisación en la cocina y el picoteo, los grandes enemigos de la alimentación en verano

La improvisación en la cocina y el picoteo, los grandes enemigos de la alimentación en verano

Turismo

MEININGER Hotels prevé alcanzar los 50 establecimientos en 2030 con una facturación superior a los 200 millones

MEININGER Hotels prevé alcanzar los 50 establecimientos en 2030 con una facturación superior a los 200 millones

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Malestar por el servicio de la ORA en Vigo

Xa está dispoñible na web a nova Sede electrónica da Universidade de Vigo

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder