VIGO
Vigo abre a convocatoria para achegas á construción dun campo de béisbol
Abel Caballero informou da aprobación en Xunta de Goberno da convocatoria de subvencións a entidades deportivas para a construción dun campo de béisbol en Vigo. O Concello tamén deu o visto e prace á convocatoria para achegas á mellora da iluminación en campos de fútbol
A Xunta de Goberno Local celebrada a semana pasada deu luz verde ás bases e convocatoria de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro orientadas á construción dun campo de béisbol en Vigo.
Segundo explicou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, o importe é de 60.000 euros e a entidade beneficiaria deberá posuír no momento da presentación da solicitude o pleno dominio e disponibilidade dos terreos nas que se vai a realizar a actuación subvencionada.
Ademais, o Concello tamén aprobou as bases e convocatoria de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro orientadas á mellora da iluminación en campo de fútbol da cidade de Vigo. Neste caso o importe é de 80.0000 euros e van destinadas a clubs deportivos, asociacións deportivo-culturais, agrupacións de persoas propietarias e entidades deportivas.
Foro de Emprego
A Xunta de Goberno sacou adiante o proxecto de convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para o financiamento do II Foro de Emprego da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais cun importe de 9.903,85 euros.
E por último, foi aprobado o proxecto de convenio coa Asociación Veciñal e Cultural de Lavadores para un programa de dinamización infantil e xuvenil. O importe é de 28.000 euros e o obxectivo é ofrecer un espazo de ocio educativo estable e gratuíto no inmoble chamado Vila Galicia, na rúa Ramón Nieto, n.º 302.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217