Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Lunes, 16 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas suspende todas as actividades

Pecharanse servizos como o conservatorio, escola infantil, ludoteca, biblioteca, museo, complexo deportivo e escolas

Entre as medidas que se adoptarán, ata novo aviso e en todo caso seguindo o prazo de 15 días indicado pola Xunta de Galicia, está a de primar a atención telefónica, reorganizar as axendas de citas para espacialas e evitar acumulacións nas salas e pasillos, suspender actos deportivos e culturais e priorizar as urxencias, ademais de seguir as indicacións da Xunta de Galicia e das autoridades sanitarias e científicas.


A concelleira de Saúde Cristina Fernández solicita aos traballadores actuar con responsabilidade e atendendo as recomendacións hixiénico e sanitarias. Nas sedes municipais intalaranse dispensadores con produtos de hixiene específicos e o servizo de limpeza empregará tamén produtos de desinfeccións indicados para estes casos.


O goberno adianta que a partires do luns estará pechado o conservatorio, a escola infantil, a ludoteca, a biblioteca e museo municipal e os colexios así como as actividades vinculadas a ditos servizos (aula matinal, extraescolares…).

 

 

 

 

O goberno xa ten en proceso a implantación do teletraballo en distintos departamentos municipais e reorganizará as citas

 

 

 


Ademais, o Concello seguindo o protocolo da Xunta mañá pechará o complexo deportivo Álvaro Pino, xestionado por INSDEGA, que suspende a súa actividade até novo aviso (os dous pavillóns, a piscina, o ximnasio e as pistas de padel).


Ademais, suspéndese tamén a celebración do mercado dos sábados e feira dos días 14.


O Castelo do Sobroso, que depende na súa xestión da Deputación, tamén estará pechado.


Alcalde e concelleiras adiantaron que se valorará tamén solicitar a ampliación de prazos dos distintos procesos abertos como por exemplo o prazo de revisión das pensións, selección de persoal e todo  tipo de formacións que non sexan on line.


O goberno de Ponteareas ten creado un comité de seguemento que estudará a diario o progreso do contaxio polo virus Covid-19 para adoptar as medidas oportunas axeitadas dependendo da evolución do “coronavirus” no concello.


O concello iniciou xa os procedementos para que determinados departamentos e traballadores/as poidan teletraballar e seguirá as indicacións da Xunta de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.