GALICIA
EQUO Galicia propón aprazar as eleccións por "prudencia"
EQUO Galicia fai unha chamada á responsabilidade colectiva e declara a súa vontade de que se apracen os comicios ante a epidemia do coronavirus COVID19
O partido ecoloxista en Galicia, EQUO Galicia, fai unha chamada á responsabilidade colectiva e individual e reclama que se apracen as eleccións ao Parlamento de Galicia convocadas actualmente para o 5 de abril de 2020.
Ante a situación actual de aumento progresivo das precaucións, estamos vivindo tamén continuo goteo de cancelacións e aprazamentos de todo tipo de actos e eventos públicos para así reducir ou evitar o espallamento acelerado desta enfermidade. Da mesma forma, e por coherencia, dende a Xunta de Galicia e dende o Goberno central deberíase mostrar unha posición clara e contundente: Adiar as eleccións.
Dende a política e dende todas as canles posibles temos que esforzarnos en transmitir un mensaxe tranquilizador, xa que a situación actual dista de ser tráxica, pero ao mesmo tempo debemos ser responsables e prudentes para evitar que as cifras de posibles contaxios se concentren nun espacio curto, e así permitir aos nosos excelentes servizos de sanidade públicos xestionar esta circunstancia.
O partido verde afirma que a saúde das galegas, así coma de todas as persoas do mundo, debería ser unha prioridade absoluta e que debe poñerse sempre por diante da axenda política, aínda que isto supoña dar marcha atrás cunha convocatoria tan importante coma son unhas eleccións.
Aínda que a situación actual dista de ser grave, debemos facer todo o posible por facilitar aos servizos sanitarios a xestión desta crise
EQUO Galicia considera que de non adiarse esta convocatoria, se estaría a dar unha mensaxe pouco coherente dende as propias administracións, ademais de por nun risco innecesario a poboacións en situación de vulnerabilidade.
O candidato de EQUO Galicia á presidencia da Xunta, Alberto Prieto declara que “a situación actual de tranquilidade non debería facernos esquecer o risco que existe de saturar o noso sistema sanitario, que xa está a traballar a reo e con recursos limitados tras tantos anos de recortes. Con prudencia e sentidiño podemos evitar que existanmáis complicacións das necesarias”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191