Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 15 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Suspenso de actividades no Porriño

A aplicación das medidas para evitar a propagación da pandemia do coronavirus “Covid-19” motiva unha vaga de suspensións e cancelacións de actos públicos, feiras e festas no Porriño. Ademais de para evitar a concentración de persoas, moitos de eses eventos non poderían celebrarse tampouco pola decisión do Concello de pechar diversas instalacións municipais como Centro Cultural, Biblioteca, Centro Cívico e Escola de Música.


De tal xeito, a Concellería de Cultura, Igualdade e Festexos confirma que SE SUSPENDEN:

  • A presentación do ‘spot’ publicitario “Insistir, persistir, resistir e nunca desistir” da campaña pola igualdade co gallo do 8M que estaba prevista hoxe no Centro Cultural Municipal

 

  • O Encontro de Corais que organizaba a Polifónica San Brais de Budiño que ía ter lugar mañá sábado na Igrexa de Santa María do Porriño

 

  • As Masterclass de Banda que estaban a impartirse nos mércores deste mes na Escola Municipal de Música do Porriño

 

  • A XXXII Feira Apícola das Rías Baixas que debería celebrarse o vindeiro sábado 21 cancelándose tanto as xornadas técnicas como a instalación de postos de venda

 

  • A IX Mostra da Camelia que organizaba a AAVV San Salvador de Torneiros e que por tanto non se celebrará nas datas anunciadas de 28 e 29 de marzo.

 

  • Tamén cancelase a representación teatral “As aventuras de Nabiza Girl”, con Isabel Risco que estaba para o venres 27 no Centro Cultural Municipal

 

  • O VIII Festival de Bandas do Porriño que estaba previsto para o sábado 28

 

  • “Ecopercussión”: suspendense tanto os obradoiros para escolares nos centros do Porriño que estaban concertados nas dúas próximas semanas como a exhibición final que estaba datada para o luns 30 de marzo.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.