Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 13 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos apraza o II Mushing Popular e Cross Running

Este aprazamento súmase ás medidas preventivas municipais ante o COVID-19 aunciadas polo Concello

Debido á evolución da situación social sobre o COVID-19 decidiuse, por prevención perante o virus, aprazar o II Mushing Popular e Cross Running do Concello de Mos previsto para o vindeiro domingo 15 de marzo na zona da Ermida da Virxe das Neves en Herville. Desde o Concello anunciarase a nova data de celebración en canto sexa posible.

 

Desde a organización do evento informan de que “esperamos ata hoxe para comprobar a evolución da situación dado que se trata dunha actividade ao aire libre e con escasos 80 participantes, pero a estas alturas consideramos necesario e ineludible adoitar a medida da suspensión para a data prevista e o aprazamento das probas”. Así mesmo declaron “lamentar os posibles trastornos e molestias ocasionados aos/ás inscritos/as” e anunciaron que “nuns días recibirán o reintegro cun ingreso en conta do importe aboado pola inscrición”. E agradeceron a comprensión de todos/as os/as afectados/as.

 

A nova data do II Mushing Popular e Cross Running do Concello de Mos comunicarase próximamente, en función da evolución dos acontecementos.

 

O Club Zarkocan encárgase da xestión técnica deste evento deportivo que se desenvolverá en terreos da Comunidade de Montes de Herville.

 

Ambos eventos deportivos contan con subvención da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia; e con autorización da Entidade Local Menor de Chenlo, por onde transcorrerá un tramo do percorrido.

 

O II Mushing Popular Concello de Mos incluirá andaina canina e canicross popular de 2 quilómetros de distancia e canicross élite, patín e bikejoring de 4 quilómetros de distancia. E o Cross Running Popular Concello de Mos ten un percorrido de 4 quilómetros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.165

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.