CORONAVIRUS | Galicia
A Xunta pide medidas de prevención as empresas de transporte
Solicítase que todos os vehículos porten carteis informativos sobre as medidas preventivas
Desaconséllase o uso do transporte público por parte de embarazadas, usuarios con síntomas de afección respiratoria, persoas vulnerables ou que teñan persoas vulnerables no seu entorno próximo
A Xunta de Galicia trasladoulle hoxe ás federacións de transporte de pasaxeiros de Galicia as medidas de prevención contra o coronavirus nos servizos colectivos. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo un encontro cun representante de cada unha das 4 patronais que agrupan as empresas do sector en Galicia: Fegatravi, Transcagar, Fegabús e Anetra.
Na xuntanza, detallouse o protocolo de medidas de prevención establecido para os servizos de transporte colectivo de pasaxeiros.
Estas medidas inciden especialmente na limpeza e desinfección continua das instalacións e dos vehículos e se estenden aos servizos de transporte por estrada, marítimo e aéreo.
A Xunta solicita que todos os vehículos porten carteis informativos sobre as medidas preventivas xerais dos cidadáns fronte ao coronavirus e sobre as específicas para os usuarios do transporte público.
Desaconséllase o uso do transporte público por parte de embarazadas, usuarios con síntomas de afección respiratoria, persoas vulnerables ou que teñan persoas vulnerables no seu entorno próximo.
Na reunión trasladouse, ademais, que os servizos de autobús compartido pasarán a prestarse nas condicións establecidas para os días non lectivos durante o período que dure a suspensión da actividade docente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191