SALCEDA DE CASELAS
Medidas ante o COVID-19 en Salceda
A corporación municipal de Salceda de Caselas, ante a expansión que se está a vivir do novo coronavirus (Covid-19), ven de adoptar as seguintes medidas para o Concello de Salceda de Caselas:
- Suspensión de tódalas actividades culturais, deportivas, de formación, etc., celebradas en instalacións municipais, e recomendación ao tecido asociativo de que se tome este mesmo tipo de acordo para as súas actividades.
- Peche ao público da Casa da Cultura Castelao e biblioteca municipal, así como do Centro Social da Devesa.
- Suspensión do mercado semanal dos mércores, tanto en exterior como no interior da praza de abastos (mantéñense abertos os postos fixos).
- Recomendación ao público para que empreguen os servizos de sede electrónica e telefonía en lugar da atención persoal nas diferentes instalacións municipais.
- Os servizos de policía local, limpeza e vías e obras manteñen o seu funcionamento normal.
- Nos parques e espazos públicos, recomendación de non empregar elementos común como aparellos biosaludables, xogos infantiles, fontes, etc.
- Recomendación ao tecido industrial e comercial de Salceda de que apliquen medidas de responsabilidade e contención social.
- Recomendación á poboación de que se deben extremar as medidas de hixiene, con lavados frecuentes de mans con auga e xabón, e que se apliquen medidas de contención social, evitando as saídas innecesarias.
Estas medidas manteranse mentres as administracións autonómica e estatal non comuniquen o cambio de situación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186