Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 15 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A Policía Local de Ponteareas intervén para evitar aglomeracións

Os axentes obrigan a pechar varios comercios abertos indebidamente e pide aos supermercados que controlen o aforo para evitar aglomeracións

 

A Policía Local de Ponteareas está traballando polo cumprimento da alerta sanitaria decretada pola Xunta de Galicia e fai un chamamento á poboación para evitar a aglomeración de persoas nos establecementos de alimentación. Durante a mañá de onte constatouse que un grande número de persoas acudiron aos supermercados da localidade creando un risco para a saúde pública. A Policía Local lembra que estes establecementos están abertos pero a permanencia nos mesmos deber ser a estritamente necesaria evitándose aglomeracións e controlando que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida para evitar posibeis contaxios. Os supermercados son espazos nos que o contacto masivo con elementos como carriños, produtos ou billetes e moedas incrementan as posibilidades de contaxio.

 

A Policía Local fai un chamamento a realizar as compras de forma escalonada durante os vindeiros días e recorda que o goberno xa anunciou que non haberá problemas de desabastecemento.

 

Por outra banda, os axentes víronse obrigados durante a mañá de onte a pechar varios establecementos abertos indebidamente e a pedir aos responsabeis dos supermercados que controlen o aforo dos seus establecementos evitando a aglomeración no seu interior, se é preciso co apoio da propia Policía Local.

 

Por outra banda, a Policía Local está recibindo chamadas de cidadáns ante a apertura ao público doutros establecementos que prestan servizos como perruquerías. Neste sentido lembran que o decreto da Xunta só afecta de momento ao comercio retallista e ao catálogo de actividades recreativas (como bares, cafetarías, etc) e que servizos como perruquerías, entidades bancarias, despachos profesionais, etc... non están polo momento incluidos na orde de peche.

 

Por último a Policía Local apela ao sentido común e a seguir a consigna de non sair de casa agás en casos realmente imprescindibeis.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.