Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Lunes, 16 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

Suspensión temporal da atención presencial no Consorcio de Augas do Louro

O Consorcio de Augas do Louro, en coordinación coa empresa xestora do servizo e co fin de minimizar os riscos para os traballadores e usuarios dos servizos, debido á alerta sanitaria polo Coronavirus COVID-19, manterá pechadas as oficinas de atención ao público cando menos dende este luns 16 de Marzo ata o luns 30 de Marzo.

 

Os usuarios do servizo poderán seguir realizando os seus trámites como ata o de agora a través do servizo de atención telefónico 900 81 01 03, a través da páxina web do Consorcio ou ben a través da sede electrónica.

 

Paralelamente a empresa xestora do servizo ten desenvolvido un Plan de Continxencia, con medidas específicas de aplicación no desenrolo dos traballos de mantemento e conservación das instalacións ou lectura de contadores, co fin de garantir a adecuada prestación do servizo mentres dure esta situación de alerta, durante a cal o Consorcio solicita a colaboración de todos os ciudadanos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.