Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 17 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Graves danos materiais ao desplomarse un guindastre no Porriño

 

Non hai feridos pero hai que lamentar graves daños materiais na capela do Cristo como consecuencia do accidente que aconteceu en torno ás 10,40 desta mañá.

 

[Img #61420]


O guindastre bateu contra o tellado da capela e tamén alcanzou ao edifício de Telefónica na súa cuberta como podese ver nas fotos.

 

[Img #61421]


Os danos na capela son moi importantes xa que afectaron aá cuberta do templo. Tras unha primeira inspección constatouse que as imaxes relixiosas están indemnes.

 

[Img #61418]

 

A caída o guindastre tamén ocasionou danos nun muro de peche do Hotel Parque.

 

[Img #61419]

 

Eva García, alcaldesa de O Porriño xunto con outros membros do goberno municipal e as forzas de seguridade (Guardia Civil e Polícia Local) Bombeiros e Protección Civil acudiu ó lugar para coñecer o alcance dos danos.


A zona está acordoada. No transcurso do día iniciaranse os traballos para retirar o artefacto.

 

Segundo as primeiras pesquisas, a causa do accidente foi un fallo estructural ocasionado nun bulón que soporta a base do guindastre. Cando aconteceu o accidente o guindastre non tiña carga.

 

A alcaldesa do Porriño nunha primeira declaración sobre os feitos sobre o accidente indicou que “dentro do estado de alarma no que nos atopamos, ainda hai que agradecer que tanto o parque infantil como a capela do Cristo estiveran pechados e baleiros, de xeito que non temos que lamentar máis que danos materiais”.

 

[Img #61422]

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.