Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 16:30:11 horas

Xornal21.es
Lunes, 23 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán inicia a entrega de alimentos a familias vulnerables ante o Covid-19

O servizo de apoio, composto por voluntarios e o propio goberno de Nigrán, contactou telefónicamente con todas as familias susceptibles a priori de precisar axuda e iniciou as entregas

[Img #61439]O Concello de Nigrán iniciou especial de asistencia a persoas en especial risco ante o Covid-19 atendendo ás 33 familias en situación de vulnerabilidade económica ou ailladas (acorde aos datos dos Servizos Sociais) despois de contactar telefónicamente con cada unha delas para atender as necesidades especiais destes intres. Durante a mañá, o equipo dirixido desde a alcaldía realizou entregas a domicilios (seguindo todos os protocolos sanitarios) con caixas de alimentos con productos básicos.

 

Paralelamente, o Concello habilitou a liña telefónica oficial 986383930 (operativa de 9:00 a 14:00 horas) co obxectivo de xestionar a compra e entrega a domicilio de menciñas e alimentos e incluso libros e publicacións da Biblioteca Municipal (986383979, de 10:00 a 12:00 horas) para persoas en especial situación de risco ante o Covid-19 ou en soidade ou sen medios. "Durante esta primeira xornada non se recibiron peticións seguramente porque é algo que iniciamos onte e porque xa nos contactamos directamente con 33 familias a través dos Servizos Sociais. Esta liña seguirá operativa durante todo o tempo que sexa preciso e a estamos a divulgar entre a poboación para que ninguén se sinta abandonado", explica o alcalde, Juan González.

 

 

 

 

O teléfono oficial 986383930 (operativo de 9:00 a 14:00 horas) está  aberto para xestionar a compra e entrega a domicilio de menciñas e alimentos a persoas que non poden ou que non deben desprazarse

 

 

 

 

Precisamente, o Concello de Nigrán sumou a Protección Civil a este equipo ante o ofrecemento deste servizo público para colaborar. "Son profesionais que tamén dispoñen dos medios e coñecementos precisos e aos que sen dúbida recurriremos no intre en que sexa preciso".

 

[Img #61437]

Cartelería específica
O Concello de Nigrán, ante a petición dos profesionais sanitarios do Val Miñor, realizou unha cartelería específica informando do protocolo sanitario que deben seguir os pacientes no municipio (incluíndo todos os teléfonos e os casos en que deben empregarse) e, ao mesmo tempo, elaborou outro cartel sobre o funcionamento municipal e os servizos especiais que se prestan, todo baixo o slogan 'Paciencia, Cariño e Calma'. Ambos foron pegados esta mañá polo equipo de apoio nas tendas de alimentación, farmacias e centros de saúde. "Non toda a poboación emprega redes sociais ou internet, polo que consideramos convinte achegar esta información oficial aos puntos neurálxicos que existen agora mesmo: tendas de alimentación, supermercados, farmacios e centros médicos".

 

"Paciencia, cariño e calma, é o que desexamos trasmitir á poboación nestes intres. Todo vai a ir ben", insiste. Nesta liña de compromiso absoluto coa veciñanza, desde o goberno de Nigrán habilitouse unha partida orzamentaria de 10.000 € destinada a toda continxencia que poida xurdir relacionada coa pandemia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.